Manuel Jesús Precedo Lafuente

escritor español

Manuel Jesús Precedo Lafuente, nado en Anceis (Cambre) o 30 de marzo de 1925 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 2011, foi un relixioso galego, cóengo e deán da Catedral de Santiago de Compostela e escritor en lingua galega e lingua castelá.

Manuel Jesús Precedo Lafuente
Nacemento30 de marzo de 1925
Lugar de nacementoAnceis
Falecemento12 de febreiro de 2011
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
PremiosGran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
Na rede
Dialnet: 337544
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi defensor da introdución da lingua galega no ámbito eclesiástico e colaborou coa Sagra Biblia en galego (1975, Editorial de los Bibliófilos Gallegos), de Manuel Casado Nieto. Tamén participou na tradución ao galego do Misal romano.[1]

Obra publicadaEditar

  • Guía del peregrino, 1971, Junta Central del Año Santo Compostelano.
  • Santiago el mayor, patrón de España: vida y culto, 1985, Arcebispado, ISBN 84-398-5082-4.
  • Algunhas historias, persoas e tradicións galegas, 1992, Fundación Alfredo Brañas, ISBN 84-88051-16-6.
  • Santiago y su catedral, 1992, n.º 52 da Biblioteca 114. ISBN 84-85553-61-6
  • Catedral de Santiago de Compostela: guía de visita rápida, 1993, Aldeasa, ISBN 84-8003-005-4.
  • Catedral de Santiago de Compostela: guía de visita, 1998, Aldeasa, ISBN 84-8003-121-2.
  • Santiago El Mayor y Compostela: un apóstol, una ciudad, unos caminos, 1999, Aldeasa, ISBN 84-8003-118-2.
  • Catedral de Santiago de Compostela, 2002, Aldeasa. ISBN 84-8003-352-5.

RecoñecementosEditar

No ano 1991 a Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla de Prata de Galicia.[2]

NotasEditar

  1. Iglesias Santiago, Ana (13/2/2011). "Pesar por la muerte del deán emérito Jesús Precedo Lafuente". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09/07/2018. Consultado o 09/07/2018. 
  2. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar