Adán e Eva
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
De acordo co Libro da Xénese da Biblia, Adán (en hebreo אדם ’Ādhām Adam "Po; humanidade") foi o primeiro home criado por Deus. A súa compañeira, tamén criada por Deus, chamada Eva ou Hawa, a primeira muller, fora formada dunha costela de Adán mentres este durmía.
Adán e Eva foran colocados no Xardín do Edén para que alí vivisen e enchesen a Terra cos seus descendentes. Ámbolos dous, primeiramente Eva e despois Adán, comeron o froito prohibido da árbore da ciencia (do coñecemento do ben e do mal) creada por Deus, e despois do ocorrido, de acordo co relato bíblico, toda a humanidade ficou privada da perfección e da perspectiva de vida infinda. Xurdiría aquí para os xudeus, musulmáns e cristiáns a noción do pecado herdado e a necesidade dun rescate da humanidade condenada á morte. Deus expulsounos do Xardín do Edén e deulles roupas provenientes de peles animais.
Adán e Eva foron pais de Caín, Abel, Sete, entre outros fillos e fillas. Segundo a Xénese 5:5, Adán viviu 930 anos, alcanzando até Lameque, pai de Noé, a oitava xeración da súa descendencia.
Galería de imaxes
editar-
Adán, na fachada da igrexa de San Francisco (Cambados)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adán e Eva |