Ginés Martínez
Ginés Martínez de Aranda (séculos XVI- XVII) nado en Xaén, foi un arquitecto español, que traballou, sobre todo, en Andalucía e Galiza, en estilo renacentista e maneirista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1556 (Gregoriano) ![]() |
Morte | 1620 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto ![]() |
![]() |

Biografía
editarPouco se sabe da súa vida privada. Comezou traballando na súa terra natal. A comezos do século XVII debeu entrar en contacto con Maximiliano de Austria, quen en 1603 accedería á cátedra arcebispal de Santiago, e a quen acompañaría a esta cidade, de xeito que nese mesmo ano foi nomeado mestre de obras da catedral compostelá. Martínez apenas estivo tres anos anos nese cargo, pois en 1606 xa deixa de figurar como tal.
Obra
editarObra andaluza
editar- Fonte de Santa María, 1564, Baeza.
- Igrexa da Mota, Alcalá la Real.
Obra galega
editar- Escalinata de acceso á entrada occidental (é dicir, a actual fachada do Obradoiro) da Catedral de Santiago (1606).
- Colexio de San Clemente, Santiago de Compostela.
- Patio do convento de San Francisco do Val de Deus, Santiago de Compostela.
- Cúpula da igrexa de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela.
As tres últimas obras son atribuídas, baseándose en razóns cronolóxicas e estilísticas.
Bibliografía
editar- Bonet Correa, Antonio, La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid. 1965