Consorcio de Santiago
O Consorcio de Santiago é un organismo nacido no ano 1991 (Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela), a partir da reformulación dun organismo que xa existía dende 1964, co obxectivo principal de coordinar e promover as accións do Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela, orientadas á preservación e revitalización da cidade de Santiago de Compostela e do seu patrimonio cultural, nos seus aspectos histórico-artísticos e arquitectónicos, e tamén á difusión dos valores europeístas e ao desenvolvemento e potenciación das actividades turísticas e culturais vinculadas co Ano Santo Xacobeo.
Consorcio de Santiago | |
---|---|
Tipo | organización intergobernamental |
Data de fundación | 1991 |
Sede | Pazo de Vaamonde |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.consorcio-santiago.org/gl | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa sede áchase no Pazo de Vaamonde, na rúa do Vilar nº 59.
No ano 2005 contou cun orzamento de 20 millóns de euros.