Serafín Moralejo
Historiador da arte e catedrático
Serafín Moralejo Álvarez, nado o 31 de outubro de 1946 en Santiago de Compostela e finado o 10 de agosto de 2011 ibídem, foi un historiador da arte e catedrático galego, un dos mellores especialistas en escultura románica do mundo, especialmente no tocante ao Pórtico da Gloria.[1]
Serafín Moralejo | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1946 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 10 de agosto de 2011 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador da arte e historiador |
Pai | Abelardo Moralejo Laso |
Irmáns | Juan José Moralejo e José Luis Moralejo |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo do latinista Abelardo Moralejo Laso (e polo tanto irmán dos filólogos Juan José e José Luis), estudou Xeografía e Historia e doutorouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, na que despois sería profesor e catedrático da Arte Antiga e Medieval.
Experto en escultura románica e gótica, estivo especialmente interesado na iconografía na arte do Camiño de Santiago.
Notas Editar
- ↑ "Muere Serafín Moralejo, el primer catedrático español en Harvard" Arquivado 28 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. El Correo Gallego 18/8/2011 (en castelán).
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- FRANCO MATA, A. (Dir. e Coord.) (2004). Patrimonio artístico de Galicia e outros estudos. Homenaxe ao prof. dr. Serafín Moralejo Álvarez. Xunta de Galicia.
- Artigo "MORALEJO ÁLVAREZ, Serafín" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- "Serafín Moralejo. El legado de un sabio" Culturas, La Voz de Galicia, 17/9/2011 (en castelán).