Abrir o menú principal
Bóveda de aresta, sobre piares.

A bóveda de aresta[1] é o elemento arquitectónico abovedado que se emprega para cubrir espazos cuadrangulares; resulta da intersección de dúas bóvedas de canón, que se cruzan de xeito perpendicular.

Índice

Historia e característicasEditar

Fórmase por dúas superficies semicilíndricas ortogonais cuxas liñas de intersección, ou arestas, son arcos de elipse que se cruzan no vértice superior.

Os enxeñeiros e arquitectos romanos espallárona polo Imperio utilizándoa como alternativa aos sistemas alintelados e as cubertas planas para espazos pequenos.

Mantida durante a alta idade media pola súa facilidade de construción, convértese nun dos sistemas máis estendidos da arte románica. Salvo notables excepcións -Santa Madalena de Vezelay, no Camiño francés de peregrinación a Santiago- o seu desenvolvemento circunscríbese ás naves laterais e ás cubertas da tribuna. As grandes igrexas de peregrinación a Santiago como a de Santa Fe de Conques, San Martiño de Tours, San Sernin de Toulouse ou a propia Igrexa catedral de Santiago de Compostela son excelentes exemplos do seu desenvolvemento técnico.

Abandonada pola bóveda de crucería no Gótico, recupérase con nova forza e brío construtivo no Renacemento, sobre todo no Quattrocento italiano onde Brunelleschi é firme defensor das súas posibilidades construtivas e decorativas. O Barroco compatibilízaa con outras cubricións ata que a modernidade e as súas novas solucións arquitectónicas relégana ao carácter de solución artesanal tradicional.

Bóveda de aresta nervadaEditar

Unha bóveda de aresta nervada é a bóveda de aresta que ten nervios ou arcos de reforzo nos puntos de intersección das dúas bóvedas[2].

ImaxesEditar

 
Bóveda de aresta vista dende abaixo. En letra grosa Arris (Aresta en inglés)
 
Bóveda de aresta vista dende arriba.
 
Bóveda de aresta.

NotasEditar

  1. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  2. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase taménEditar