Tetramorfo
![]() |
O Tetramorfo |
Libro de Kells, século VIII |
Códice miniado: Folio 27v |
Trinity College Library de Dublín |
Un tetramorfo (do grego τετρα, tetra, catro, e μορφη, morfé, forma) é unha representación iconográfica composta por catro elementos.
A máis estendida destas é cristiá, cuxa tradición remóntase ao Antigo Testamento, cando o profeta Ezequiel describiu nunha das súas visións catro criaturas que, de fronte, tiñan rostro humano e, de costas, tiñan rostro animal.[1] Unha visión moi similar aparece nunha pasaxe da Apocalipse de san Xoán,[2] que describe a catro anxos zoomorfos que rodean ao pantocrátor e que os estudosos interpretaron desde o século VI como os catro evanxelistas:
- o anxo, ou o home alado asóciase a Mateu, xa que o seu Evanxeo comeza facendo un repaso á xenealoxía de Cristo, o Fillo do Home;
- o león identifícase con Marcos, porque o seu Evanxeo comeza falando de Xoán o Bautista, «Voz que clama no deserto», dita voz sería como a do león;
- o boi sería Lucas, xa que o seu Evanxeo comeza falando do sacrificio que fixo Zacarías, pai de Xoán o Bautista, a Deus;
- a aguia foi asociada á figura de Xoán, xa que o seu Evanxeo é o máis abstracto e teolóxico dos catro e, xa que logo, o que se eleva sobre os demais.
Ademais da relación do tetramorfo cos catro evanxelistas, suxeriuse que Ezequiel se inspirou na astroloxía zodiacal babilónica (cando este profeta predicaba, o pobo de Israel estaba preso en Mesopotamia, no século VI a. C., en mans de Nabucodonosor II): o boi sería Taurus, o león sería Leo, a aguia sería Scorpius e o home alado sería Acuario. Así, estas eran as constelacións sobre as que tiveron lugar, respectivamente, o equinoccio de primavera, o solsticio de verán, o equinoccio de outono e o solsticio de inverno entre os milenios quinto e terceiro antes de Cristo.
Tamén se suxeriu que fan referencia aos catro elementos básicos e, posto que rodean ao pantocrátor, este sería o «Quinto elemento» unificador. Ademais, suxeriuse que representan os catro atributos ou principais calidades divinas, a saber: amor, xustiza, poder e sabedoría.
O tetramorfo e o pantocrátor son unha constante da arte cristiá medieval, tanto en escultura como en pintura (sexa mural ou en códices miniados).
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tetramorfo |