León (constelación)

constelación
(Redirección desde «Leo»)

León[1] (símbolo , Unicode ♌), é unha das constelacións do zodíaco. Atópase entre Cáncer e Virgo.

Leo
Leo
Nome latino Leo
Abreviatura Leo
Xenitivo Leonis
Simboloxía o león
Ascensión recta 11 h
Declinación 15°
Área 947 graos cadrados

Rango 12º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante Regulus (α Leo)

(magnitude ap. 1,4)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −65°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril

Véxase tamén: Órbita baixa terrestre.

Características notables

editar
 
Representación medieval de León

León contén moitas estrelas brillantes, destacando os sistemas estelares Régulo (α Leonis) -o corazón do león- e Algieba (γ Leonis), así coma Denébola (β Leonis), que posúe un disco circumestelar. Moitas outras estrelas máis febles tamén reciben nomes propios, entre elas δ Leonis (Duhr ou Zosma), θ Leonis (Chertan ou Chort), λ Leonis (Alterf) e ο Leonis (Subra). Wolf 359, a terceira estrela máis próxima ó sistema solar (7,7 anos luz), está en León. A estrela de carbono CW Leonis é a estrela máis brillante no ceo nocturno na banda-N infravermella de (lonxitude de onda de 10 μm).

Estrelas principais

editar

Obxectos notables de espazo profundo

editar

León contén gran cantidade de galaxias (en realidade parte do Cúmulo de Galaxias de Virgo), visibles só con telescopios, onde destacan:

Mitoloxía

editar
 
Leo, o León.

O nacemento de León remontase á antigüidade, aínda que é posterior ás constelacións de Aries, Taurus e Saxitario. León correspóndese co León de Nemea, fillo de Tifón e Equidna, animal invulnerable que arrasaba os campos devorando ás persoas e ó gando. A primeira tarefa de Heracles foi matalo. O león tiña coma morada unha cova con dúas entradas, pero Heracles tapou unha delas e entrou pola outra para sorprender á fera. Abrazou ó león esganándoo ata afogalo, e despois coas súas propias poutas espelicouno e tomou para si mesmo a súa pel e a súa cabeza coma casco. Zeus transformou ó león en constelación para honrar ó seu fillo.

En Mesopotamia simbolizaba o lume e a culminación do quentamento solar no hemisferio norte. No Exipto, representaba ó Sol e a Monarquía. Os israelitas asociárono con Xudá, que se recosta coma o león, razón pola que figura no estandarte do reino homónimo. A tradición xudeocristiana relaciónao co evanxelista San Marcos.

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar