Taurus
- Véxase tamén: Taurus (foguete).
Taurus ou Touro[1] (símbolo , Unicode ♉) é unha constelación zodiacal; o seu nome en latín significa touro. Destaca no ceo invernal, entre Aries ó oeste e Xémini ó leste. Ó norte atópase Perseus e Auriga; ó sueste Orión, e ó suroeste Eridanus e Cetus.
Taurus | |
---|---|
Nome latino | Tauro |
Abreviatura | Tau |
Xenitivo | Tauri |
Simboloxía | O Touro |
Ascensión recta | 4 h |
Declinación | 15° |
Área | 797 graos cadrados
Rango 17º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
4 |
Estrela máis brillante | Aldebarán (α Tau)
(magnitude ap. 0.9) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −65°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xaneiro | |
Características destacables
editarAldebarán (α Tau), a estrela máis brillante da constelación, é unha xigante vermella de primeira magnitud, mentres que Elnath (β Tau) forma os cornos do touro xunto a ζ Tauri. Dúas estrelas variables na constelación, T Tauri e RV Tauri, son os prototipos de ambos tipos de estrelas que levan ós seus nomes.
Tauro conten dous dos cúmulos abertos máis coñecidos do firmamento: as Pléiades, onde cabe subliñar a Merope (23 Tau), e as Hyades, onde a súa estrela principal é γ Tauri.
Estrelas principais
editar- α Tauri, coñecida coma Aldebarán, estrela xigante vermello-alaranxada de magnitude 0,87.
- β Tauri, chamada tamén Elnath, xigante branco-azulada de magnitude 1,68.
- γ Tauri (Hyadum I), xigante laranxa membro do cúmulo das Hyades de magnitude 3,65.
- δ Tauri, en realidade tres estrelas, todas membros das Hyades. δ1 Tauri (Hyadum II) é unha estrela semellante a Hyadum I.
- ε Tauri (Ain), xigante amarelo-laranxa membro das Hyades con magnitude 3,53 e onde se descubriu un planeta extrasolar.
- ζ Tauri, estrela binaria de magnitude 2,97 situada no corno sur do touro.
- η Tauri (Alcíone), a estrela máis brillante do cúmulo das Pléiades e a terceira da constelación con magnitude 2,85, é unha nova estrela branco-azulada.
- κ Tauri, estrela dobre visual onde ás súas compoñentes, de cor branca, están separadas 5,6 minutos de arco.
- λ Tauri, sistema estelar triplo e variable eclípsante.
- Merope (23 Tauri), estrela das Pléiades que ilumina a nebulosa de reflexión NGC 1435.
- 10 Tauri, estrela amarela situada a 45 anos luz cun posible disco circumestelar ó seu redor.
- 30 Tauri, nova estrela binaria de magnitude 5,06 cunha idade estimada inferior a 28 millóns de anos.
- T Tauri, estrela variable prototipo dunha clase de estrelas en proceso de formación e que aínda non teñen entrada na secuencia principal.
- AA Tauri, estrela T Tauri que posúe un disco protoplanetario no que se teñen detectado moléculas orgánicas.
- CE Tauri (119 Tauri), superxigante vermella, unha das estrelas máis grandes que se coñecen.
- RV Tauri, prototipo de estrelas variables intermedias entre as cefeidas e as variables Mira.
- RZ Tauri, binaria eclípsante de contacto onde se produce transferencia de masa entre as dúas estrelas.
- UX Tauri, sistema triplo formado por tres estrelas T Tauri; ó redor da máis brillante descubriuse un disco protoplanetario.
- HD 37124, estrela amarela con tres planetas coñecidos.
- CoKu Tauri/4, nova estrela T Tauri dun millón de anos de idade cun posible planeta extrasolar.
- HL Tau 76 (V411 Tauri), anana branca pulsante, variable do tipo ZZ Ceti.
Obxectos Notables do espazo profundo
editar- M45, un cúmulo aberto de estrelas situado ó norte da constelación e coñecido coma as Pléiades. Dentro del atópase a Nebulosa de Merope (NGC 1435).
- As Hyades, un cúmulo aberto de estrelas que contribúe a forma-la "V" no ceo que forma o inicio da cabeza do touro.
- M1 ou Nebulosa do Cangrexo, formadas polos restos dunha supernova, a súa explosión, observada dende a Terra o 4 de xullo do 1054, foi o bastante brillante para verse de día. É mencionada en crónicas chinas e na poesía amerindia. Actualmente no seu interior pode estudarse un púlsar (Pulsar do Cangrexo), estrela anana moi densa que xira a gran velocidade.
- NGC 1514, nebulosa planetaria a uns 600 anos luz.
Mitoloxía
editarNa mitoloxía grega, Tauro é a forma de touro co deus Zeus adoptou para seducir a Europa, unha mítica princesa fenicia. Tiveron tres fillos: Minos, o mítico rei de Creta, Sarpedón e Radamantis. Segundo outras versión, a constelación fai mención ó mito do Touro de Creta, unha das doce tarefas de Hércules.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Taurus |