Cáncer (constelación)

En astronomía Cáncer,[1] tamén chamado Cangrexo[2][3] ou Caranguexo (símbolo , Unicode ♋), é unha das doce constelacións do zodíaco. En astroloxía, Cáncer constitúe un dos doce signos zodiacais.

Cáncer
Cáncer
Nome latino Cancer
Abreviatura Cnc
Xenitivo Cancri
Simboloxía O Cangrexo
Ascensión recta 9 h
Declinación +20°
Área 506 graos cadrados

Rango 31º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante β Cnc (Altarf)

(magnitude ap. 3.5)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −60°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de marzo

{{{notas}}}

A constelación de Cáncer é pequena e feble. Atópase entre as constelacións de Xémini ao Leste, Lynx ao Norte e as constelacións de Canis Minor e Hydra ao Sur.

A constelación tamén dá o seu nome ao trópico de Cáncer.

Obxectos notables do espazo profundo editar

 
Representación medieval de Cáncer

Cáncer non ten estrelas brillantes. α Cancri só ten magnitude 4,2.

Cáncer é coñecida entre os afeccionados á astronomía como a constelación na que se atopa Praesepe (M44), tamén coñecida coma O presebe, un cúmulo aberto que conten tamén a estrela ε Cancri e que pode observarse cuns simples prismáticos. O Presebe abarca máis dun grao cadrado sendo observable a simple vista como unha luz difusa; situado dentro do Presebe —aínda que moi lonxe, detrás do mesmo—, hai un grupo de galaxias pertencente ao cúmulo de Coma-Virgo que só son visibles con telescopios de potencia media.

Outros obxectos do espazo profundo que se atopan en Cáncer son M67, un cúmulo aberto coñecido dende moi antigo e moi vello, e NGC 2775, unha galaxia espiral de magnitude 11,3. Nunha noite clara a constelación contén preto de 50 estrelas visibles a simple vista.

Estrelas principais editar

 
Imaxe da constelación de Cáncer.

Mitoloxía editar

A constelación do cangrexo e a constelación da Hydra están relacionadas cun dos doce traballos de Heracles (Hércules romano). A deusa Hera, inimiga acérrima de Heracles enviou un cangrexo xigante para acabar coa súa vida mentres este loitaba coa temible serpe Hydra. Porén, Heracles saíu vitorioso. Coma recompensa polo seus esforzos a deusa formou as constelacións do Cangrexo e a Hydra no ceo.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cáncer.
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cangrexo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar