Lynx (constelación)
Lynx ou Lince[1] é unha constelación do Hemisferio norte, introducida no século XVII por Johannes Hevelius. A orixe do nome debese á pouca luminosidade das súas estrelas, pois precísanse ter ollos de lince para pode-la ver. Para localizar ó Lince hai que buscar entre dúas constelacións moi luminosas, a Ursa Major e Auriga.
Lynx | |
---|---|
Nome latino | Lince |
Abreviatura | Lyn |
Xenitivo | Lyncis |
Simboloxía | O Lince |
Ascensión recta | 8 h |
Declinación | +45° |
Área | 545 graos cadrados
Rango 28 |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Lyn
(magnitude ap. 3,14) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −55°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de marzo | |
Estrelas principais
editar- α Lyncis (Elvashak), con magnitude 3,1 é a estrela máis brillante da constelación. É unha xigante vermello-alaranxada a 220 anos luz.
- 38 Lyncis (Maculosa), a segunda estrela máis brillante con magnitude 3,82, de cor branca.
- 10 Ursae Majoris, a pesar do seu nome actualmente está englobada na constelación de Lynx; con magnitude 3,97 é a terceira máis brillante da mesma.
- 12 Lyncis, estrela tripla onde a compoñente principal ten magnitude 5,4 e a secundaria magnitude 6.
- RR Lyncis, variable eclípsante cun brillo que varía entre magnitude 5,5 e 6 nun ciclo duns dez días.
Obxectos Notables do espazo profundo
editar- Cúmulo globular NGC 2419, de magnitude 10,4 e moi distante da Terra (300.000 anos luz).
- Galaxia espiral NGC 2683, localizada 6º ó oeste de α Lyncis.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lynx |