Nabucodonosor II

Nabucodonosor II, nado no ano 630 a.C. e finado no 562 a.C, foi un rei de Babilonia da dinastía caldea. Os seus 43 anos de reinado foron os do máximo esplendor do imperio neobabilónico.

Nabucodonosor II
Nebukadnessar II.jpg
Nacemento627 a. C.
Lugar de nacementoBabel
Falecemento560 a. C.
Lugar de falecementoBabel
NacionalidadeSegundo Império Babilônico
RelixiónAntiga religião mesopotâmica
Ocupaciónmonarca
PaiNabopolasar
CónxuxeAmitis da Média
FillosEvil-Merodaque e Eanna-sharra-usur
IrmánsNabu-suma-lisir
Coñecido porXardíns colgantes da Babilonia e Porta de Ishtar
editar datos en Wikidata ]

CampañasEditar

Fillo máis vello e sucesor de Nabopolasar. Casado coa filla ou neta de Ciaxares, rei de Media, foi un hábil negociador e diplomático. O seu pai enviouno a conquistar Siria en poder dos exipcios tras a disgregación do imperio de Asiria. Vencedor da batalla de Carquemis (-605), someteu Siria e Fenicia. Ese mesmo ano subiu ao trono, trala morte de Nabopolasar.

Derrotou a cimerios e escitas. Tras consolidar a súa amizade cos medos, dirixiu as súas expedicións cara Occidente. Conquistou Xerusalén no ano -597. Coincidindo con outro intento de invasión por parte dos exipcios, un novo levantamento de Xudá rematou coa destrución de Xerusalén e o seu Templo, así como coa deportación de moitos cidadáns prominentes a Babilonia. Durante 13 anos cercou a cidade de Tiro, que acabou recoñecendo a autoridade de Nabucodonosor. Realizou varias operacións de castigo sobre Exipto.

ConstruciónsEditar

Nabucodonosor foi un soberano moi devoto (especialmente do gran deus Marduk) que ergueu e restaurou gran número de templos. Fixo de Babilonia unha das grandes marabillas da historia da humanidade. O pazo real, a ponte e o túnel que cruzaban o Éufrates, canles, a porta de Ishtar con ladrillos esmaltados, o cigurat de Etemenanki de 90 metros de altura (posiblemente a torre de Babel da Biblia) e os irrepetibles xardíns colgantes de Babilonia realizados para aliviar a morriña de raíña Amitis, que suspiraba polas primaveras das montañas de Media, onde se criara. Nada diso sería posible sen a actividade obreira de numerosos cativos traídos das terras conquistadas.

Sucedeuno o seu fillo Amel-Marduk

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar