Deportación

desterro de individuos ou grupos de persoas, usualmente por razóns políticas

Deportación é a acción de desterro do que son vítimas individuos ou grupos de persoas usualmente por razóns políticas. Xeralmente aplícase como castigo, con fins aislacionistas ou escravistas. Nalgúns casos a deportación de comunidades ten como causa diferenzas étnicas ou relixiosas.

En todo caso, as causas que levaron historicamente á deportación de calquera grupo é considerada como un acto segregacionista e comportou en diversas oportunidades graves abusos e ata o exterminio ou xenocidio de poboacións enteiras.

Historia editar

Desde un punto de vista estritamente histórico a Biblia fai referencia en varias pasaxes a deportacións masivas, recoñecidas actualmente como históricas, cabe mencionar o traslado de gran parte da poboación israelita a Babilonia, evidentemente contra a súa vontade e con fins escravistas. Na época do Imperio Romano diversas tribos foron forzadas a mobilizarse cara ao imperio: os (tracios, dalmacios) ou fóra deste (xermanos, celtas, húngaros) ben por vontade dos exércitos romanos ou para fuxir do pulo dos inimigos destes.

Xa en épocas máis recentes diversos grupos étnicos víronse obrigados a longas mobilizacións debido ao pulo das invasións islámicas da baixa idade media, e ata posteriormente poboacións enteiras gregas, albanesas e do antigo Imperio Bizantino víronse forzadas a retirarse das súas fronteiras naturais cara ao nordés de Europa debido aos encontros entre os exercitos Cruzados e os otománs.

En Rusia a deportación de prisioneiros políticos ou persoas simplemente incómodas cara a Siberia foi práctica común desde a época de Iván Grozny e proseguiu ata a era soviética.

Durante a primeira guerra mundial, a poboación armenia da provincia de Anatolia sufriu deportacións masivas e accións xenocidas.

Durante a segunda guerra mundial a maquinaria criminal nazi levou a cabo o exterminio xudeu realizado nunha parte moi importante tras a deportación das vítimas desde os lugares de orixe aos campos e centros de exterminio situados na Polonia ocupada.[1][2] Os nazis deportaron tamén a outros grupos étnicos, políticos e sociais ao longo de toda a Europa ocupada por eles como medida de represión á vez que os utilizaban como man de obra escrava.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. Deportation to the Death Camps, Yad Vashem (en inglés)
  2. Database of deportations during the Holocaust - The International Institute for Holocaust Research, Yad Vashem (en inglés)