A Porta de Ishtar era a oitava das portas de acceso á antiga Babilonia, construída arredor do 575 a. C. polo monarca babilonio Nabucodonosor II na honra da deusa Ishtar.

A reconstrución da Porta de Ishtar no Pergamon Museum de Berlín.

Características

editar

Medía 14 metros de altura por 10 de ancho. Estaba construída en adobe recuberto por ladrillo vidriado e po de lapislázuli, cos teitos e portas de madeira de cedro, e fastuosamente decorada con leóns (símbolos da deusa mesopotámica Ishtar), dragóns (símbolos do deus Marduk) e touros (símbolos de Adad), enmarcados en conxuntos ornamentais a base de rosetas e outros motivos vexetais como palmeiras.

Estaba situada sobre a Vía Procesional que conducía ao Esagila, o templo de Marduk, cuxo cigurat, o Etemanki, é unha das posibles localizacións que se barallan para a sonada Torre de Babel. Orixinariamente foi considerada unha das Sete Marabillas do Mundo Antigo, ata o seu reemprazamento polo Faro de Alexandría.

Descubrimento e conservación

editar

Os seus muros de adobe foron achados entre 1899 e 1914 polo arqueólogo Robert Koldewey, o descubridor de Babilonia. Foi reconstruída engadíndolle os recubrimentos vidriados, reconstrución que se pode observar hoxe no Pergamon Museum de Berlín. Existen fragmentos da porta espallados por varios museos do mundo en Istambul, Gotemburgo, París, Nova York, Múnic, Toronto, Filadelfia, Chicago ou Boston.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar