Ciaxares, tamén coñecido como Uvarkhshattra, foi o gran reformador e centralizador do poder medo, que aos poucos medrara ao leste do Imperio Asirio.

Ciaxares
AlcumeUvarkhshattra
Nacementoséculo VII a. C.
Lugar de nacementoEcbatana
Falecemento584 a.C.
OcupaciónRei dos medos
PaiFraortes, rei medo
FillosAstiaxes e Amitis da Média
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Rexeitou as invasións escitas, en alianza co novo monarca de Babilonia, Nabopolasar, e ambos emprenderon unha dura campaña contra o Imperio Asirio, que foi destruído rapidamente trala conquista da súa capital, Nínive no -612.

A partir dese momento, Ciaxares consolidou o Imperio Medo como a nova potencia emerxente do Oriente Próximo, reformando o exército medo segundo o modelo asirio e babilónico, e reforzando a administración e o protocolo da corte de Ecbatana, a capital do reino medo. Casou á súa filla con Nabucodonosor II, para quen este último construíu os famosos Xardíns Colgantes, e emprendeu unha actividade expansiva cara Anatolia, chocando co reino de Lidia, co que mantivo unha guerra con moitas alternativas e que finalizou nunha paz trala batalla do eclipse de -585.

Pouco despois morreu, deixando un reino solidamente estruturado ao seu fillo Astiaxes, quen foi o último rei da súa estirpe por liña directa paterna. Un neto de Astiaxes, Ciro II o Grande, revolucionou o mundo político de Oriente Medio e Próximo, ao se sublevar contra o seu avó e fundar o Imperio Persa aqueménida.

Reino Medo

Segue a:
Fraortes
Ciaxares
Precede a:
Astiaxes