Abrir o menú principal

Fraortes, rei medo

rei dos medos

Fraortes, en antigo iraniano Fravartish (𐎳𐎼𐎺𐎼𐎫𐎡𐏁 ), finado en -633, foi, segundo Heródoto, o segundo rei de Media, fillo e sucesor de Deioces.

Fraortes, rei medo
Nacementoséculo VII a. C.
Falecemento633 a.C.
OcupaciónRei dos medos
PaiDeioces
FillosCiaxares
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estendeu o seu dominio por Persia e comezou a conquistar outras nacións de Asia. Gobernou vinte e dous anos (sobre 675-653 a.C.) e morreu en combate contra os asirios. Actualmente pénsase que o seu reinado foi máis longo (duns 50 anos, sobre 675 - 625 a.C.)

É identificado ás veces co líder Kashtariti mencionado nas taboíñas cuneiformes, pero a identificación é incerta.

Á súa morte sucedeuno o seu fillo Ciaxares.

Reino Medo

Segue a:
Deioces
Fraortes, rei medo
Precede a:
Ciaxares