Deioces
Deioces foi o suposto primeiro rei de Media sobre o 700 a.C.. O erudito E. M. Diakonoff (e outros) suxiren como datas do seu reino aproximadamente 727 – 675 a.C. xa que se menciona un Daiukku nas taboíñas mesas neoasirias no oitavo ano do reinado de Sargón II (sobre 721 – 705 a.C.), nas que se di que era un gobernante (eaknu) de Manna, que gobernaba con independencia un distrito entre o reino de Manna e Asiria, distrito que podería ser o Val de Zarrundad.
Deioces | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | anos 700 a. C.xuliano |
Falecemento | 675 a.C. |
Ocupación | Rei dos medos |
Fillos | Fraortes, rei medo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
O seu nome asirio foi Daiukku, o elamita Daayaukka, e o iraniano Dahyuka.
Segundo Heródoto era fillo de Fraortes e intentou unificar as tribos medas, cada unha das cales vivía nunha cidade ou conxunto de cidades. De primeiro gobernaba só sobre a súa tribo e gañouse unha boa reputación como xuíz e gobernante, pero alegando que o cargo lle comportaba conflitos renunciou; entón prevaleceu o desgoberno e os medos reuníronse na cidade de Hamadan (Ecbatana que quere dicir ‘lugar de asemblea’) para elixiren un rei e nomearon a Deioces, que reinou uns vinte e tres anos. Segundo as taboíñas cuneiformes, había nesta época un Deioces e tiña un fillo que era refén do rei de Urartu Rusa I (sobre 735 – 713 a.C.) ao que tivo que apoiar contra o rei de Manna. Sobre o 715 a.C. probabelmente apoiou unha revolta contra o rei Iranzu (sería o gobernador de Messi cuxo nome non aparece nas taboíñas), e ao ano seguinte axudou a Urartu contra o rei de Manna Ullusunu nunha guerra que non tivo éxito. Sargón II interveu, capturou a Deioces e exiliouno a Hamat en Siria. A identificación do Deioces das fontes asirias e do de Heródoto non está confirmada. O relato de Heródoto vén de lendas e fontes orais e podería estar falando do neto de Deioces, que tamén se chamou así.
Segundo Heródoto tivo dous fillos: Fraortes e Ciaxares, o primeiro dos cales o había suceder.
Reino Medo | ||
---|---|---|
Segue a: - |
Deioces | Precede a: Fraortes |