Abrir o menú principal

Linguas iranias

parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas
(Redirixido desde "Linguas iranianas")

As linguas iranias son parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas. Xunto coas linguas indoarias e as linguas nuristanias, forman o grupo de linguas indoiranias, o cal é unha rama do grupo indoeuropeo. O avéstico e o persa antigo son as dúas linguas iranianas máis antigas entre as linguas indoeuropeas rexistradas (incluíndo o grego e ao hitita).

Linguas iranias
Falado en: Taxiquistán, Afganistán, Paquistán, Irán, Iraq, Turquía, Rusia, Acerbaixán e China
Rexións: Asia central, Asia Occidental
Total de falantes: Máis de 150 000 000
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Linguas iranias
Escrita: Alfabeto cirílico, latino e escrita perso-arábiga
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Só 5 linguas son oficiais
Regulado por: Academia das Ciencias do Taxiquistán, Academia das Ciencias do Afganistán, Academia da Lingua e Literatura Persa, Instituto das Ciencias de Iristán, Academia Curda da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Iranian-languages-map.jpg
Mapa das principais linguas iranias.

Hoxe, estímase que hai de 150 a 200 millóns de falantes nativos das linguas iranias. O SIL no 2005 enumera 87 variedades das linguas iranias. Por número de artigos, as linguas máis faladas son o persa (70 millóns, xuntando as tres formas coñecidas: persa, taxico e dari), o curdo e o paxto (25 millóns cada un) o baluchí (7 millóns), e as linguas mazandaraní, guilaquí, talixí e o iriano (coñecido como ossetio).

Só cinco linguas das preto das 87 variedades de linguas iranias son oficias: o persa, o dari, o taxico, o pastún e o iriano (coñecido coma ossetio). No Taxiquistán con carácter de "cooficial" (o estado comprométese a garantir a ensinanza e a difusión) está o iagnobiano, sen que o resto das linguas do Pamir gocen deste privilexio. En Iristán do Norte (chamado Ossetia polos rusos) o digoriano goza de privilexios nos medios de comunicación e na ensinanza, pero non conta cun estatuto de oficialidade. No Afganistán, segundo garante a nova Constitución Afgá, as linguas maioritarias de cada rexión ou distrito poderán ter carácter de oficial nesas rexións ou distritos.

Índice

As grandes linguas iranias e a súa extensión xeográficaEditar

As seguintes linguas iranias son faladas polo menos por un millón de persoas:

  • Grupo persa (nun senso máis amplo)   55-70 millóns,(coma segunda lingua, preto de 110 millóns, Irán, Afganistán, Taxiquistán, Paquistán, Uzbequistán).
    • Persa occidental (Farsí ou simplemente persa)   35-40 millóns, coma segunda lingua por máis de 50 millóns (Irán)
    • Persa oriental   20-30 millóns
      • Dari   15 millóns (Afganistán)
        • Hazaraguí   2,5 millóns (Afganistán 2,2 millóns, Irán 300.000)
        • Aimaq   650.000 (Afganistán)
      • Taxico   4.5 millóns (Taxiquistán)
        • Bughorés   100.000 (Uzbequistán: Bughará, Irán, Israel)
  • Paxto   35 millóns (22,5 millóns en Paquistán, 12 millóns en Afganistán)
  • Baluche   9 millóns (7,5 millóns en Paquistán, 1,4 millóns en Irán, 200.000 en Afganistán)
  • Curdo ou curmanxí   10 millóns (Turquía, Norte de Iraq, Norte de Siria, Norte de Irán e Ghorasán (oeste de Irán) e en partes de Armenia, Acerbaixán e Xeorxia. Uns milleiros en Rusia.)
  • Lurés   4,3 millóns (Irán, Grupo dialectal)
  • Soranés (Chamado tamén curdo central)   7 millóns (Irak, Iran)
  • lingua curda meridional   5 millóns (Irán)
  • Mazanderano   3 millóns (Irán, Costa do Caspio)
  • Guilaquiano   2,6 millóns (Irán, Costa do Caspio)
  • Zazaki (ou zaza)   3 millóns (Turquía)
  • Talexiano   1 millóns (Irán, Acerbaixán, Grupo dialectal)
 
Distribución xeográfica das linguas iranianas.

Linguas iranias importantes polo seu número de falantes:

  • Oseto (chamado tamén alano ou ironau)   600.000 (Iristán do Sur (Xeorxia) e outras zonas de Xeorxia, República do Norte de Iristán-Alania (Rusia). Iristán=Ossetia. Trátase máis ben dun diasistema: lingua iriana e lingua digoriana, sendo a primeria a usada en todo o territorio.
  • Goranés   500.000 (Iraq, Irán)
  • Azarí iraniano ou Tatí meridional   220.000 (Acerbaixán, Irán)
  • Tatí   130.000 (Acerbaixán, Rusia)
  • Wanetsi   100.000 (Paquistán, Afganistán)

NomeEditar

O grupo de linguas `iranias´ recibe ese nome porque as súas principais linguas, incluíndo o persa, foron ou son faladas na zona da meseta iraniana dende fai tempo. Porén, coma unha clasificación lingüística, o nome 'iranias' non implica ningunha relación co país de Irán, (para referirmos a algo ou alguén pertencente a Irán úsase a palabra 'iraniano/-a/os/-as).

Agrupación da familia de linguas iraniasEditar

Grupo oriental

Grupo occidental

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • [1].Enciclopedia Iránica.
  • John Payne. "Pamir languages" in Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989.Pamir Languages.pdf[Ligazón morta]
  • Compendium Linguarum Iranicarum. Schmitt, 1989.
  • Грамматический очерк осетинского языка. Числительные. С. 457, 458. (En ruso).
  • Abaev, V.I.: Gramática ossetia (en inglés)[2]
  • Основы иранского языкознания. Т. 3. Новоиранские языки. М. 1982. (en ruso)
  • Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: A Reference Grammar of Pashto, 1996 Center fo Applied Linguistics, Washington D.C., Department of Education, Washington D.C. [3]

Ligazóns externasEditar