Lingua dari

(Redirección desde «Parsi-dari»)

O dari[1] (en dari دری, pronunciado /dæˈɾi/) é unha variedade estrutural do persa establecida como lingua oficial coa súa propia norma en Afganistán xunto co paxto.

Dari
دری
Pronuncia:/dæˈɾi/
Outros nomes:Dari persa, Persa afgán
Falado en: Afganistán
Rexións: Do sueste ao nordeste do Afganistán
Total de falantes: 8 000 000 (con tódalas variedades)
Familia: Indoeuropea
 Irania
  occidentais
   occidentais meridionais
    Rama persa
     Dari
Escrita: Escrita perso-arábiga
Status oficial
Lingua oficial de: Si
Regulado por: Academia das Ciencias de Afganistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: prs
SIL: prs
Mapa
.
Status

A orixe do nome está na diferenciación entra a lingua persa que falaban as tribos persas e as tribos partas e bactrianas do norte de Irán que a partir do século VII adoptaron o persa pero mantendo un importante substrato parto. A marcha da corte sasánida de Fars para Ctesiphon fixo que a variedade do norte fora a lingua falada na corte, que se empezou a chamar dari (corte en persa) para distinguila da lingua de Fars (farsi)[2] pero a lingua escrita seguiu a ser o persa medio ata a súa substitución polo árabe no 742 e así os exércitos que levaron o islam máis alá do Amu Daria utilizaban como lingua franca esta variedade do persa e foi a que parte da poboación orixinaria do que actualmente é Afganistán acabou adoptando como lingua de uso común.

Tamén é coñecido coma persa dari (en dari فارسی دری, pronunciado /fɒːɾsije dæˈɾi/) ou persa afgán e por causa do seu illamento conta con menos influencia do árabe . É a principal lingua do país, falada polo 60% da poboación (se xuntamos o aimaq, o hazaraguí e o propio dari) principalmente no sur e centro do país, e preto de Cabul. É a principal lingua de comunicación dos pobos taxico, hazara e aimaq. A lingua serve á súa vez coma medio de comunicación entre diferentes pobos do Afganistán.

A sintaxe do dari non defire moito da do persa, aínda que o acento forte sexa menos expresivo no persa afgán do que no persa iraniano. Moitos lingüistas (incluídos lingüistas iranianos) consideran o dari como unha lingua ou un dialecto á parte; eles considérano a lingua escrita e chaman persa ou, mellor dito, persa afgán á lingua falada. Hoxe en día é a Academia Afgá das Ciencias a encargada da fixación do dari.

O dari conta con varios dialectos: o heratí, o parsiwan, o khorasaní, o aimaq, o harzaraguí, o taxiquí e o cabolí que é o dialecto de prestixio. A principal diferenza do aimaq e o hazaraguí é que contan con moito vocabulario das linguas túrquicas e mongois, e o cabolí e o taxiquí están moitísimo máis próximos ao taxico que ao dari.

Fonética

editar

O sistema vocálico

editar

O dari consta de 8 vogais, das que 5 son longas /ī ē ū ō ā/ e estables 3 son curtas /a e o/ e inestables.

Transcrición IFA
Anterior Posterior
Pechada   i u
Semipechada ɪ        ʊ
Medio aberta    ɛ ɔ  
aberta a      ɒ
     
Transcrición latina
Anterior Posterior
Pechada    ī ū
Semipechada e        o
Medio aberta    ē ō  
aberta a     ā

O vocalismo literario é bastante conservador en comparación co persa e taxico e é máis próximo ao taxico (aínda que nos dialectos o vocalismo pode ser máis simplificado).

Na táboa seguinte amósase o desenvolvemento do vocalismo entre as linguas de orixe pérsida:

Persa clásico ā a ē i ī ō u ū
Persa moderno ā a ī e ī ū o ū
Dari ā a ē e i ō o u
Hazaraguí o a e i i ū u u
Taxico o a e i i ů u u

Obsérvese como a medida que avanzamos cara ao norte o vocalismo vaise parecendo ao taxico mentres que cara ao sur parécese máis ao persa.

  1. Definición de dari no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Frye, Richard N. "History of the Persian Language in the East (Central Asia)" (PDF). Consultado o 8 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar