Cabul
Cabul,[1][2] Kabul[3][4] ou Kābul[5] (persa: کابل Kâb'l',), é a capital e a meirande cidade de Afganistán, cunha poboación de 3 120 963 habitantes (2006).
کابل (fa) | |||||||||||||||||||||||||||
Epónimo | Río Cabul | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Estado | Afganistán | ||||||||||||||||||||||||||
Provincia | Provincia de Kabul | ||||||||||||||||||||||||||
Distrito | Cabul (distrito) (pt) | ||||||||||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||||||
Poboación | 4.273.156 (2020) (15.538,75 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||||||
Superficie | 275 km² | ||||||||||||||||||||||||||
Bañado por | Río Cabul | ||||||||||||||||||||||||||
Altitude | 1.790 m | ||||||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||||||
Creación | 1200 (Gregoriano) | ||||||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||||||
• Xefe do goberno | Hamdullah Nomani (en) | ||||||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||||||||||||||
Destes habitantes, un 45% son taxicos, un 25% paxto, e 25% hazara.
Capital da provincia de Cabul, é un centro económico e cultural situado estratexicamente nun estreito val que rodea ao río Cabul, na parte alta das montañas antes do paso Khyber, a unha altitude media de 1765 metros. Cabul comunícase coa fronteira de Taxikistán por un túnel baixo as montañas Hindu Kush. Os principais produtos da rexión inclúen produtos téxtiles, mobles e azucre, se ben as continuas guerras dende 1979 limitaron a produtividade económica da cidade.
Historia
editarAs primeiras trazas de urbanización na cunca do río Cabul déronse na época de Alexandre o Grande ao desenvolverse no norte da cunca a cidade de Kapisa pero nunha zona que non era doada de defender das incursións nómades polo que adquiriu importancia outro asentamento ao sur, máis doado de defender pero non foi ata o século VIII que aparece a cidade na súa forma definitiva[6]. Despois da conquista árabe do territorio foi gradualmente gañando importancia e no século IX, coa chegada de Ya'qub bin Laith as-Saffar, fundador da dinastía saffarí do leste de Irán, instáurase definitivamente o control islámico de Cabul e Afganistán.
Durante os seguintes séculos, a cidade foi sucesivamente controlada polos Samánidas, a dinastía Hindú Shahí, os Gaznávidas e o Imperio Gurida . No século XIII, as hordas mongois ocuparon a cidade, e no século XIV volveu a rexurdir como centro de comercio, baixo o control de Tamerlán, quen casou coa irmá do gobernante de Cabul. Con todo, ao decaer o poder dos Timúridas (descendentes de Tamerlán), a cidade conquistouna, no 1504, Babur, emperador mogol que instalou nela o seu cuartel xeral.
Nader Shah, emperador coñecido como o Napoleón Persa, conquistou a cidade en 1738, pero asasinárono 9 anos máis tarde. Ahmed Sha, militar afgán que comandaba a garda persoal de Nader Shah, asumiu o trono á morte deste. Reafirmando o poder dos Pashtun, estendeu os seus dominios formando un novo Imperio Afgán. Por esta razón é considerado acotío como o fundador da actual Afganistán. Trala súa morte, o seu fillo (Timur Shah Durrani), herda o poder, trasladando a capital de Afganistán de Kandahar a Cabul.
En 1826, Dost Muhammad asume como novo monarca afgán, con todo, en 1833 o Imperio Británico invade o país, ante o temor de que a influencia rusa se expandira ata as fronteiras da India, quen poñen no poder a un impopular goberno monicreque ao mano de Shah Shuja, dando comezo á Primeira Guerra Anglo-Afgá, a cal finaliza en 1842 coa derrota dos británicos. Dost Muhammad resultou, entón, liberado do seu encarceramento recobrando o seu trono.
En 1878, os británicos volven invadir Afganistán, dando comezo á Segunda Guerra Anglo-Afgá, a cal se estende ata 1881, cando se retiran á India, deixando no poder a Amir Abdur Rahman. En 1919, o rei Amanullah Khan asume o poder, iniciando unha serie de reformas occidentalizantes, decretando ademais a independencia de Afganistán de todo control estranxeiro, na Mesquita de Id Gah, dando comezo á Terceira Guerra Anglo-Afgá. As negociacións de paz a propósito desta guerra concluíron en 1921. En 1929 Amanullah vese na obriga de abandonar Cabul, debido ao alzamento do seu irmán Nadir Khan quen toma o poder. No 1933, Nadir Khan é asasinado, asumindo o trono o seu fillo, de tan só 19 anos, Mohammed Zahir Shah, quen sería o último rei de Afganistán. En 2002 recibe o título honorario de "Padre da Patria".
En 1932, fúndase a primeira universidade afgá, a Universidade de Cabul. Comezando a crecer a cidade como centro industrial do país na década dos anos 1940. Nos anos 1950, iníciase a pavimentación de rúas en Cabul. Nos 1960, a cidade adquire características máis cosmopolitas, abríndose a primeira tenda dunha cadea internacional (Marks & Spencer) de todo Asia Central, no 1967 inaugúrase o Zoolóxico de Cabul.
En 1969, rexístrase un alzamento relixioso en protesta pola crecente influencia soviética na política e a relixión do país, a cal se aplacará, encarcerando tamén aos seus líderes. No 1973, un golpe de estado, encabezado polo Primeiro Ministro Mohammed Daoud Khan, derroca ao rei, acabando coa Monarquía e instaurando unha República.
En 1975, un sistema de trolebuses eléctricos proveu de transporte público á cidade. O sistema construíuse coa asistencia técnica de Checoslovaquia. No 1979, A Unión Soviética invade o país, que instalou en Cabul o seu comando central durante os 10 anos que durou o conflito entre o Goberno prosoviético e os rebeldes muyahidines. No 1989 Péchase a Embaixada de Estados Unidos en Cabul, trala retirada das tropas soviéticas. No 1992, derrócase ao goberno comunista de Mohammad Najibullah, caendo a cidade en poder de milicias locais, quen ao estar divididas en faccións continuaron loitando entre si. En decembro de 1992 detívose o último dos trolebuses da cidade, a causa do conflito armado, sendo substituídos por un sistema de 800 autobuses públicos que continuou proporcionando o transporte á poboación. Sobre 1993, o servizo de electricidade e auga potable da cidade resultou completamente interrompido.
En setembro de 1996 a cidade caeu en poder dos Talibán, quen lincharon publicamente ao expresidente Najibullah e ao seu irmán. Trala vitoria Talibán, as loitas na rúa entre as faccións finalizaron. Cinco anos máis tarde, en 2001, as forzas dos Estados Unidos invadiron Afganistán, provocando a fuxida dos talibán de Cabul, mentres que a Alianza do Norte tomaba o control da cidade. A partir de 2003, a cidade comezou lentamente a recuperarse, coa axuda do investimento estranxeiro.
Notas
editar- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. (2007). Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 121. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 03 de abril de 2014.
- ↑ Diciopedia do século 21 (2006) Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. T. 2, p. 1162: Kabul Cap. do Afganistán, na beira do río homónimo...
- ↑ Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. Kabul: páxina 193 (B3). ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Diccionario enciclopédico galego universal (2003). Ir Indo. T. 35, p. 112: Kābul Capital de Afganistán e da provincia homónima...
- ↑ Encyclopaedia Iranica
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cabul |