Linguas nuristanias

As linguas nuristanias son un subgrupo de linguas da familia de linguas indoirania, faladas no Afganistán e no Paquistán.

Linguas nuristanias
Falado en: Afganistán e Paquistán
Rexións: Nuristán
Total de falantes: Entre 30.000 e 35.000
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Linguas nuristanias
Escrita: De facelo usan a escrita perso-arábiga
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Cooficiais (Constitución do Afganistán)
Regulado por: Non
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

Nome editar

O grupo de linguas nuristanias recibe ese nome porque as súas principais linguas foron ou son faladas máis alá do actual Nuristán dende fai tempo. Porén, coma unha clasificación lingüística, o nome "nuristanias" non implica ningunha relación coa actual provincia afgá do Nuristán (para referirmos a algo ou alguén pertencente ao Nuristán úsase a palabra "nuristaniano/-a/os/-as"; é o mesmo caso ca "iranio" e "iraniano").

Historia editar

As linguas nuristanias non foron descritas ata o século XIX d.C. O antigo nome da rexión era Cafiristán (Kafiristán) e as linguas eran chamadas cafirís ou cafiristanias, pero o devandito termo foi substituído polo actual xa que o vello era un termo bastante pexorativo: cafir (kafir) quere dicir "infiel", mentres que Nur quere dicir "luz".

Recentes estudos e análises clasifican o nuristanio como unha rama independente da familia de linguas indoirania,[1] mais algúns a clasifican co grupo índico, mentres outros as enmarcan como orixinalmente iranias, pero fortemente influenciadas polas veciñas linguas dárdicas. En todo caso, parece ser que chegaron á actual patria en datas moi temperás e, ao contrario que os indoarios, nunca entraron no Punxab.

As linguas fálanse por pobos tribais nunha rexión montañosa fortemente illada do Hindukush (en galego Hinducux), que nunca estivo suxeita a ningunha verdadeira autoridade central en tempos modernos. Esta área localízase ao longo da fronteira nordoriental de Afganistán e zonas limítrofes do noroeste de Paquistan. Estas linguas non prestaron a atención dos lingüistas occidentais coma a que lles deron. Considerando o moi pequeno número de pobos que as falan, deben ser consideradas linguas en perigo.

Hai cinco linguas nuristanias, cada unha falada en varios dialectos. Os dialectos maiores inclúen Kata-varí, Kamvirí, e Vaí-alá. A maioría dos nuristanís en Paquistán falan Kamvirí. Estas están influenciadas polas linguas dárdicas, e ás veces por iso as levan a clasificalas como tales; mais isto é máis unha clasificación xeográfica que lingüística.

O iranista noruegués Georg Morgenstierne escribiu que o Chitral no Paquistán é a área da máis grande diversidade lingüística do mundo. Aínda que o Ghowar é a lingua predominante do Chitral e do Paquistán occidental setentrional, unha decena máis de linguas fálase aquí. Entre elas están o Kalasha-mun, Palula, Dameli, Gawar-Bati, Nuristani, Idgá, Buruxasqui, Gujar, vakhí, kirguiz, persa e paxto. A pesar de que moitas destas linguas non teñen sistema de escritura, é frecuente o uso do sistema Urdú ou persa-arábigo.

Lista das linguas nuristanias editar

Notas editar

  1. Morgenstierne, G. Irano-Dardica. Wiesbaden 1973; Morgenstierne, G. Die Stellung der Kafirsprachen. In Irano-Dardica, 327-343. Wiesbaden, Reichert 1975

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar