Lingua kurda central

lingua que pertence á familia de linguas indoeuropeas
(Redirección desde «Lingua sorani»)

A lingua kurda central (کوردیی ناوەندی; kurdîy nawendî) ou sorani (سۆرانی; Soranî) é unha lingua kurda falada en Iraq, principalmente no Kurdistán iraquí, así como a provincia do Kurdistán e a provincia de Acerbaixán Occidental do oeste de Irán. O kurdo central é unha das dúas linguas oficiais de Iraq, xunto co árabe, e nos documentos políticos aparecen sinxelamente como "kurdo".[3][4]

Kurdo central
سۆرانی، کوردیی ناوەندی
Outros nomes:Sorani
Falado en: Iraq, Irán
Total de falantes: 6 millóns en Iraq (2012)
3 millóns en Irán
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Irania occidental
    Irania do noroeste
     Kurda
      Kurdo central
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Iraq[1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ckb
Mapa

     Sorani
Status

O kurdo central está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O termo sorani, que provén do antigo Emirato de Soran, emprégase para referirse á escrita, a forma escrita estandarizada da lingua kurda desenvolvida a partir do alfabeto árabe na década de 1920 por Sa'íd Sidqi Kaban e Taufiq Wahby.[5]

Notas editar

  1. "Full Text of Iraqi Constitution". Washington Post. 12 de outubro de 2005. Consultado o 12 de xuño de 2013. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Allison, Christine (2012). The Yezidi Oral Tradition in Iraqi Kurdistan. Routledge. ISBN 978-1-136-74655-0. 
  4. "Kurdish language issue and a divisive approach | Kurdish Academy of Language". 5 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  5. Blau, Joyce (2000). Méthode de Kurde: Soriani. Editions L'Harmattan. ISBN 978-2-296-41404-4. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Hassanpour, A. (1992). Nationalism and Language in Kurdistan 1918–1985. USA: Mellen Research University Press.