Kurdistán iraquí
O Kurdistán iraquí ou Kurdistán meridional (en kurdo central: باشووری کوردستان; en kurdo setentrional: Başûrê Kurdistanê), oficialmente a rexión do Kurdistán (en kurdo central: ههرێمی کوردستان; en kurdo setentrional: Herêmî Kurdistanê), é unha rexión autónoma de Iraq. Linda coas rexións kurdas de Irán ao leste, Turquía ao norte, e Siria ao sur. A capital rexional é Hewlêr (Arbil en árabe). O goberno da rexión é o Goberno Rexional do Kurdistán.
Organízase como unha democracia parlamentaria cunha asemblea rexional de 111 escanos. O presidente actual é Mesûd Barzanî, elixido en 2005 e reelixido en 2009. A constitución iraquí define ao Kurditán como unha entidade federal de Iraq, e estabelece a oficialidade das linguas árabe e kurda.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |