O Avesta é a colección de libros sagrados da relixión de Zoroastro. Os libros escribíronse en avesta, os máis antigos, e palevi, os máis recentes. Os libros elaboráronse en diferentes épocas, os máis antigos, os Gâthâs, compúxoos o propio Zoroastro, e durante séculos transmitíronse por tradición oral. Non se conservan todos os libros, segundo a tradición porque Alexandre Magno mandou queimalos. A fixación máis antiga conservada por escrito dos textos data de 1278.

Tradución francesa do Avesta por Ignacio Pietraszewski. Berlín, 1858.

Grupos de libros

editar
  • Yasna, contén as normas para a liturxia, en especial instrucións para os sacrificios e uns himnos denominados Gâthâs en honra do deus supremo, Ahura Mazda.
  • Vispered, textos serodios con instrucións para os fieis e oracións.
  • Vendidad, relatos da creación, da vida despois da morte .
  • Yasth: Himnos e oracións dirixidos aos anxos e divindades menores.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar