Giacomo Barozzi da Vignola
Giacomo (ou Jacopo) Barozzi da Vignola, frecuentemente chamado simplemente Vignola (1 de outubro de 1507 - 7 de xullo de 1573) foi un dos grandes arquitectos manieristas do século XVI. As súas dúas obras mestras foron a Vila Farnese en Caprarola e a Chiesa del Gesù en Roma, nesta obra seguindo as ideas realizadas por Leone Battista Alberti en Sant'Andrea de Mantua, Vignola constrúe un templo cheo de contrastes, relaciona unha nave lonxitudinal cuberta cuha gran bóveda de canón coa planta central de gran cruceiro, non obstante as capelas laterais vense reducidas a pequenos nichos. Outro contraste manierista prodúcese na iluminación do templo: desde a luz taminizada da nave, que provén das capelas laterais, á maior escuridade do tramo que antecede ó cruceiro e, finalmente, á explosión luminosa do espazo baixo da cúpula.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1507 ![]() Vignola, Italia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 7 de xullo de 1573 ![]() Roma, Italia ![]() |
Lugar de sepultura | Panteón de Roma ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura ![]() |
Lugar de traballo | Roma ![]() |
Ocupación | arquitecto, escritor ![]() |
Período de actividade | 1520 (Gregoriano) ![]() ![]() |
Movemento | Manierismo ![]() |
Alumnos | Giacomo della Porta ![]() |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Giacinto Barozzi ![]() |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Obra teórica
editarComo teórico publicou, no ano 1562, un tratado titulado Regola delli Cinque Ordini d'Architettura[1] no que estudaba e sistematizaba as ordes arquitectónicas clásicas establecendo os seus módulos e proporcións canónicas e definindo, con moito detalle, as súas medidas e os sistemas xeométricos de trazado para poderen ser empregados polos seus contemporáneos. Posteriormente, escribiu Le due Regole della prospettiva, que foi publicado, postumamente, en 1583 en Roma.[1]

Obras
editarEntre as principais obras arquitectónicas de Vignola cóntanse:
- O Palazzo Bocchi, Boloña (1545).
- Tribuna en San Petronio, Boloña (1547/48).
- O Palazzo dei Banchi, Bologna (1565–1568).
- A Vila Giulia para o papa Xulio III., na que traballou xunto a Giorgio Vasari (1550–1555).
- A Vila Farnese en Caprarola (1559–1573).
- A Fontana Papacqua, en Soriano nel Cimino (1562).
- Vila Lante, en Bagnaia (desde 1566), cos xardíns, os xogos acuáticos e os Casini.
- O templo de Il Gesù, en Roma, igrexa-madre dos xesuítas, en cuxa fachada anticipou o camiño a seguir para as igrexas barrocas do século XVII.
- A igrexa de Sant' Andrea in Via Flaminia, en Roma, o primeiro edificio sacro con planta oval, que constitúe tamén un modelo para o barroco.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Bottari, Stefano. "BAROZZI, Iacopo, detto il Vignola". treccani.it. Consultado o 05-01-2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giacomo Barozzi da Vignola |