Evangelista Torricelli
Evangelista Torricelli, nado en Faenza (Romagna) o 15 de outubro de 1608 e finado en Florencia o 25 de outubro de 1647, foi un físico e matemático italiano.
Traxectoria
editarQuedou orfo con moi poucos anos, polo cal, viviu co seu tío, Jacobo Torricelli, un frade que lle ensinou humanidades. En 1627 foi enviado a Roma para estudar ciencias xunto a Benedetto Castelli.
A lectura da obra de Galileo Diálogo da nova ciencia inspiroulle algúns dos seus principios mecánicos. Estes principios aparecen na súa obra De motu. En 1632 Castelli púxose en contacto con Galileo para amosarlle o traballo do seu pupilo e solictarlle que o acollese, e Galileo aceptou, polo que Torricelli trasladouse a Arcetri, onde foi aprendriz de Galileo. Este morreu nos primeiros meses do ano seguinte. Fernando II de Toscana nomeouno físico e matemático da corte, polo cal non ve cumprido o seu soño de volver a Roma e tense que trasladar a Florencia finalmente.
Tiña pleuresía, pola culpa desta enfermidade faleceu en Florencia cando só tiña trinta e nove anos. Dous séculos máis tarde fixéronlle unha estatua na súa cidade natal.
Descubrimentos de Torricelli
editarEn 1643 descubriu o principio do barómetro, polo cal pasou a posteridade, xa que con este descubrimento demostraba a existencia da presión atmosférica, principio demostrado máis tarde por Blaise Pascal. Ademais de descubrir o principio do barómetro tamén enunciou o teorema de Torricelli, moi importante en hidráulica.
En 1644 publicou o seu traballo sobre o movemento na obra Opera geometrica. A publicación desde principio máis outros traballos sobre as curvas cicloides, supúxolle unha loita contra Roberval, quen o acusou de plaxio. Aínda que parece ser que os dous chegaron a mesma conclusión por separado. A loita durou ata a morte de Torricelli.
Tamén tivo máis descubrimentos como por exemplo, o principio que di que unha serie de corpos que están conectados de modo que debido o seu movemento o seu centro de gravidade non pode baixar ou subir estes elementos están en equilibrio.
- Mellorou o método de Cavalieri.
- Realizou melloras nos telescopios e nos microscopios .
- Descubriu o corno de Gabriel, consistente nunha superficie infinita cun volume finito. Isto supuxo un paradoxo moi grande no seu tempo, que provocou unha polémica en torno a natureza do infinito.