Hilario Marrero

futbolista español
(Redirección desde «Juan Hilario Marrero Pérez»)

Juan Hilario Marrero Pérez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 8 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1989, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Hilario
Información persoal
Nome Juan Hilario Marrero Pérez
Nacemento 8 de decembro de 1905
Lugar de nacemento As Palmas de Gran Canaria
Falecemento 14 de febreiro de 1989
Lugar de falecemento As Palmas de Gran Canaria
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1922–1925 Porteño
1925–1928 Real Club Victoria
1928–1931 Deportivo da Coruña 67 (37)
1931–1935 Real Madrid 115 (53)
1935–1936 Valencia
1936–1937 Deportivo da Coruña 9 (2)
1939 Deportivo da Coruña 4 (0)
1939–1940 Barcelona 13 (4)
1940–1942 Deportivo da Coruña 24 (5)
1942–1943 Elche 1 (0)
1943–1944 Club Betanzos 6 (1)
Selección nacional
1931–1935 España 2 (1)
Adestrador
1940–1941 Deportivo da Coruña
1942–1943 Elche
1943–1944 Club Betanzos
1944–1945 Racing de Ferrol
1945–1946 Deportivo da Coruña
1946–1949 Racing de Ferrol
1949–1950 Girona
1951 Español SD
1958–1959 Deportivo da Coruña
1960 Racing de Ferrol
Na rede
FIFA: 69550 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Nado nas Palmas en 1905, Marrero iniciou a súa carreira profesional moi novo. Aos 16 anos comezou a xogar no Porteño e despois no Real Club Victoria, para fichar en 1928 polo Deportivo da Coruña, no que permaneceu tres anos.

En 1931 fichou polo Real Madrid CF e en 1939 pasou a formar parte do FC Barcelona, para retornar posteriormente ao Deportivo no rol de xogador e adestrador, sendo a súa xestión clave para lograr o ascenso a Primeira División do club galego en 1941. Na tempada 1942–43 xogou e adestrou no Elche CF.

Como adestrador editar

Xa como adestrador, na tempada 1943–44 dirixou ao Rácing de Ferrol, logrando o retorno do club ferrolán á Segunda División, e tamén adestrou a ese equipo (xa sempre en Segunda) en 1944-45, 1946-47, 1947-48, 1948-49 e 1959-60; na tempada 1945–46 retornara novamente ao Deportivo, que militaba en Segunda División, logrando o ascenso a Primeira. E na 1948-49 tamén adestrou ao Girona FC.

Tras un ano de baldío (tempada 1949–50), Marrero retornou a Canarias para adestrar ao UD Las Palmas e posteriormente ao CD Tenerife. A finais da década dos cincuenta adestrou outra vez ao Deportivo.

Selección nacional editar

Marrero foi internacional coa selección española en dúas ocasións.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar