Ignacio Eizaguirre

Ignacio Eizaguirre Arregui, nado o 7 de novembro de 1920 en Donostia (Guipúscoa) e finado o 1 de setembro de 2013 ibídem, foi un futbolista e adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de gardameta. Fillo do tamén gardameta Agustín Eizaguirre.

Infotaula de personaIgnacio Eizaguirre
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata - 1967 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1939-1940 Real Sociedad de Fútbol
1940-1950 Valencia Club de Fútbol 197(0)
1950-1956 Real Sociedad de Fútbol 107(0)
1956-1960 Club Atlético Osasuna 87(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1945-1952   España 18(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1950Mundial de Fútbol Brasil 1950 Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAgustín Eizaguirre (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

FIFA: 48900 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formouse en equipos de base da súa provincia natal como o Arenas de la Concha, Cuento de Rentería ou Lagun Artea. En 1936 fichou pola Real Sociedad, pero a Guerra Civil Española paraliza a competición ata 1939. Debuta na tempada 1939-40 en Segunda División.

Ao ano seguinte fichou polo Valencia CF de Primeira División pero foi declarado en rebeldía pola Real Sociedad polo que tivo agardar unha tempada para debutar co equipo valencianista. Porén no seu primeiro encontro encaixa cinco goles ante o Real Madrid polo que é relegado ao banco. Na súa segunda oportunidade, ante o Athletic de Bilbao fixo unha grande actuación facéndose cun posto no once inicial.

Permaneceu no Valencia nove tempadas (dez contando coa que non puido disputar) obtendo tres títulos de Liga e unha Copa do Xeneralísimo e a título persoal dous Trofeos Zamora ao gardameta menos goleado.

Na tempada 1950-51 volve á Real Sociedad, onde disputou outras seis tempadas a alto nivel en Primeira División.

En 1956 fichou polo CA Osasuna onde xogaría catro tempadas, na última das cales, xa con 39 anos tivo moi pouco protagonismo, polo que se retirou.

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 18 ocasións encaixando 31 goles e participando no Mundial de Fútbol Brasil 1950 e no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

Como adestrador dirixiu a varios equipos entre os cales destaca o Sevilla FC de onde foi substituído por Juanito Arza e o Celta de Vigo onde tentou o ascenso a Primeira División durante dúas tempadas, non conseguiu o obxectivo.