Theodor Svedberg
Theodor (The) Svedberg, nado o 30 de agosto de 1884 en Valbo (Suecia) e finado o 25 de febreiro de 1971 en Kopparberg, situada no condado de Örebro, (Suecia), foi un químico e profesor universitario sueco, gañador do Premio Nobel de Química en 1926.
Traxectoria
editarEstudou química na Universidade de Uppsala, onde en 1912 foi nomeado profesor titular de Química física.
Investigacións científicas
editarO seu traballo con coloides probou as teorías sobre o movemento browniano enunciadas por Einstein e a geofísica polaca Marian Smoluchowski. Durante a súa investigación, desenvolveu a técnica de ultracentrifugación analítica e demostrou a súa utilidade na distinción de proteínas puras.
Así mesmo foi un dos primeiros en estudar a síntese do caucho e realizou traballos sobre unha vacina contra a Poliomielite.
En 1926 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a fisicoquímica dos sistemas dispersos.
Denomínase svedberg na súa honra a unidade do coeficiente de sedimentación.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1926 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel
- Perfil de Theodor Svedberg NNDB (en inglés)
Predecesor: Richard Adolf Zsigmondy |
Premio Nobel de Química 1926 |
Sucesor: Heinrich Otto Wieland |