Heinrich Otto Wieland

Heinrich Otto Wieland, nado en Pforzheim, Baden, (Alemaña) o 4 de xuño de 1877 e finado en Múnic, o 5 de agosto de 1957, foi un químico alemán. Foi galardoado co premio Nobel de Química do ano 1927.

Heinrich Otto Wieland
Nobel prize medal.svg
Heinrich Wieland.jpg
Heinrich Otto Wieland
Datos persoais
Nacemento 4 de xuño de 1877
Lugar Pforzheim Baden-Württemberg Alemaña Alemaña
Falecemento 5 de agosto de 1957
Lugar Múnic Alemaña Alemaña
Residencia Alemaña Alemaña
Nacionalidade alemán
Cónxuxe Josephine Bartmann (1908)
Actividade
Campo Química
Alma máter Universidade de Múnic
Director de tese Johannes Thiele
Contribucións e premios
Coñecido por composición do Ácido biliar
Premios Premio Nobel de Química (1927)
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou química nas universidades de Berlín, Múnic e Stuttgart. En 1917 sucedeu a Adolf von Baeyer como profesor de química da Universidade de Múnic e ensinou química orgánica nas de Friburgo e Múnic (1925-1953).

Investigacións científicasEditar

Formulou a teoría da deshidroxenación e explicou a constitución de moitos produtos de natureza completa, como a pteridina, as hormonas sexuais e os glucósidos da dixital, e tamén dalgúns alcaloides.

Así mesmo realizou estudos complexos sobre os ácidos biliares.

En 1927 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a composición dos ácidos biliares. O premio foi anunciado o 13 de novembro de 1928, sendo entregado o 10 de decembro daquel mesmo ano en Estocolmo.

Activismo socialEditar

Wieland tratou exitosamente de protexer as persoas, especialmente os estudantes xudeus, que vían como eran "restrinxidos racialmente" tras as leis de Núremberg. Malia non poder acceder á universidade como alumnos, podían permanecer no grupo de Heinrich Wieland como químicos ou como "Gäste des Geheimrats" (invitados do consello privado).

Véxase taménEditar