Adolf von Baeyer
Johann Friedrich Wilhelm Adolf von Baeyer, nado en Berlín en 1835 e finado en Stanberg en 1917, foi un químico alemán de orixe xudía-asquenací por liña materna, que sintetizou o índigo e en 1905 recibiu o Premio Nobel de Química.
Johann Friedrich Wilhelm Adolf von Baeyer | |
---|---|
![]() Adolf von Baeyer | |
Datos persoais | |
Nome completo | Johann Friedrich Wilhelm Adolf von Baeyer |
Nacemento | 31 de outubro de 1835 |
Lugar | Berlín ![]() |
Falecemento | 20 de agosto de 1917 (81 anos) |
Lugar | Starnberg, ![]() |
Soterrado | Waldfriedhof de Munique |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | Alemá |
Cónxuxe | Adelheid Bendemann |
Fillos | Otto von Baeyer |
Actividade | |
Campo | Química orgánica |
Alma máter | Universidade de Berlín |
Director de tese | Robert Wilhelm Bunsen Friedrich August Kekulé |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Sintesis do Anil |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou matemáticas e física na Universidade de Berlín antes de se trasladar a Heidelberg para estudar química con Robert Bunsen. Alí traballou no laboratorio de August Kekulé.
Entre os seus logros científicos está o descubrimento da fenolftaleína e a fluoresceína, derivados do ácido úrico, e as resinas de fenol-formaldehido. Conseguiu en 1880, logo de dezasete anos de investigación a síntese do índigo e conseguiu determinar a súa estrutura molecular (1883).
Baixo a súa dirección traballou o farmacéutico galego Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolf von Baeyer |
Ligazóns externasEditar
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1905 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1905 (en inglés)
- Perfil de Adolf von Baeyer en NNDB (en inglés)
Predecesor: William Ramsay |
Premio Nobel de Química 1905 |
Sucesor: Henri Moissan |