Abrir o menú principal

Henri Moissan, nado o 28 de setembro de 1852 en París e finado o 20 de febreiro de 1907 tamén en París, foi un químico e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.

Ferdinand Frederick Henri Moissan
Nobel prize medal.svg
Henri Moissan.jpg
Henri Moissan
Datos persoais
Nacemento28 de setembro de 1852
LugarParís Flag of France.svg Francia
Falecemento20 de febreiro de 1907
LugarParís Flag of France.svg Francia
CausaApendicite
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
ResidenciaFlag of France.svg Francia
NacionalidadeFrances
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Colexio de Meaux
  • Instituto da Agronomía de París
  • Director de tese
  • Pierre Paul Dehérain
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Illar o Flúor
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1906)
  • Medalla Davy (1896)
  • Henri Moissan signature 2.jpg
    editar datos en Wikidata ]

    TraxectoríaEditar

    Estudou no Colexio de Meaux, no Instituto da Agronomía de París e no Instituto de Toxicoloxía. Traballou no Museo de Historia Natural de París e nos laboratorios de Edmond Frémy. Foi profesor na Escola Superior de Farmacia dende o 1879, chegando a impartir clases de química e toxicoloxía no 1886. Dende 1900 foi profesor de química na Universidade de París. Ingresou na Academia de Ciencias francesa no 1891.

    Faleceu repentinamente en París no 1907, pouco despois da súa volta de Estocolmo, tras recibir o Premio Nobel. Non se sabe se os seus experimentos co flúor contribuíron á súa morte.

    Investigacións científicasEditar

    Entre as súas contribucións científicas máis notábeis, no 1886 conseguiu illar o flúor en forma de gas amarelo verdoso, por electrólise dunha solución de fluorhidrato potásico en ácido fluorhídrico anhidro. A existencia do flúor coñecíase dende anos antes, mais todos os intentos por obtelo fracasaran, e incluso algúns investigadores morreran no intento.

    Tamén ideou un forno de arco, capaz de acadar temperaturas de 4.100 °C, que permite reducir os minerais de certos metais, como o uranio, cromo, volframio, vanadio, manganeso, titanio e molibdeno.

    No 1893, deu a coñecer o seu método de preparación de pequenos diamantes artificiais a partir de carbono disolto en ferro fundido, o que produceu unha gran sensación.

    Foi un dos primeiros en realizar investigación acerca do calcio, descuberto en 1808, por Humphry Davy, conseguindo unha pureza do 99 % pola electrólise do ioduro de calcio (CaI2).

    Baixo a súa dirección traballou o farmaceutico galego, completando a súa formación, Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

    En 1906, foi galardoado con Premio Nobel de Química, polos seus experimentos sobre o illamento do flúor.

    Ligazóns externasEditar