Hermann Emil Fischer
Hermann Emil Fischer, nado en Euskirchen o 9 de outubro de 1852 e finado en Berlín o 15 de xullo de 1919, foi un químico alemán gañador do Premio Nobel de Química de 1902.
Hermann Emil Fischer ![]() | |
---|---|
![]() Hermann Emil Fischer | |
Datos persoais | |
Nacemento | 9 de outubro de 1852 |
Lugar | Euskirchen, ![]() |
Falecemento | 15 de xullo de 1919 (66 anos) |
Lugar | Berlín, ![]() |
Soterrado | Friedhof Wannsee, Lindenstraße |
Residencia | Alemaña |
Nacionalidade | Alemá |
Cónxuxe | Agnes Gerlach |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Director de tese | |
Alumnos de tese | |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Estudo do azucre e da purina |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fischer licenciouse na Universidade de Estrasburgo en 1872 e doutorouse en 1874. Os seus estudos concentráronse na química orgánica, especialmente nos principios activos do café, do cacao, do té, da cafeína e da teobromina. Estableceu a constitución dunha serie de compostos neste campo e tamén os sintetizou.
Os seus traballos máis famosos, porén, foron coas purinas e os azucres. Entre 1882 e 1906 os seus traballos mostraron que diversas substancias pouco coñecidas na época, como a adenina, a xantina, a cafeína, o ácido úrico e a guanina todas pertencían a unha mesma familia homoxénea, e poderían derivar unhas das outras. El previu en 1884 a existencia da purina, a substancia común aos compostos acima, e conseguiu sintetizala en 1898.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1902 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1902 (en inglés)
- Perfil de Hermann Emil Fischer en NNDB (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermann Emil Fischer |
Predecesor: Jacobus Henricus van't Hoff |
Premio Nobel de Química 1902 |
Sucesor: Svante Arrhenius |