Adolf Otto Reinhold Windaus
Adolf Otto Reinhold Windaus, nado o 25 de decembro de 1876 en Berlín (Alemaña) e finado o 9 de xuño de 1959 en Göttingen, foi un químico alemán, descubridor da vitamina D e a histamina. Gañou o Premio Nobel de Química en 1928.
Nome orixinal | (de) Adolf Windaus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de decembro de 1876 Berlín, Alemaña |
Morte | 9 de xuño de 1959 (82 anos) Gotinga, Alemaña |
Lugar de sepultura | Cemiterio municipal de Gotinga |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Freiburg im Breisgau Französisches Gymnasium Berlin (en) |
Director de tese | Heinrich Kiliani |
Actividade | |
Campo de traballo | Química orgánica |
Lugar de traballo | Friburgo |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Freiburg im Breisgau Universidade de Gotinga Universidade de Innsbruck |
Membro de | |
Profesores | Hermann Emil Fischer |
Alumnos | Adolf Butenandt |
Obra | |
Doutorando | Adolf Butenandt e Erhard Fernholz (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Elisabeth Windaus |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, Medvik >>>:Windaus, Adolf Otto Reinhold, 1876-1959, |
Traxectoria
editarEstudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de Berlín, no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en 1895. Impresionáronmo tanto as conferencias do premio Nobel de química Emil Fisher que comezou a estudar química en Friburgo ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en 1900 cunha tese dedicada ao veleno que se extrae da dedaleira. A partir de 1906, traballa como profesor na Universidade de Innsbruck, e na Universidade de Göttingen de 1915 a 1944 como director do Instituto Químico.
Investigacións científicas
editarVolveu a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a Otto Diels (futuro premio Nobel en 1950), con quen mantivo unha longa amizade. En 1901 retornou a Friburgo e comezou a traballar sobre o colesterol e os esterois. A partir de 1906 impartiu docencia na universidade de Innsbruck e logo en Göttingen entre 1915 e 1944. En 1919 logrou transformar o colesterol en ácido colánico (que fora illado dos ácidos biliares por Heinrich Otto Wieland). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descubriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta vitamina actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do imizadol, o que o levou a demostrar que a histidina (un aminoácido) é un derivado do imidazol, e a descubrir a histamina.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Adolf Otto Reinhold Windaus |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1928 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel
- Perfil de Adolf Otto Reinhold Windaus NNDB (en inglés)
Predecesor: Heinrich Otto Wieland |
Premio Nobel de Química 1928 |
Sucesor: Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin |