Hans von Euler-Chelpin

Hans Karl August Simon von Euler-Chelpin nado en Augsburgo (Alemaña) o 15 de febreiro de 1873 e finado en Estocolmo (Suecia) o 6 de novembro de 1964, foi un bioquímico e profesor universitario sueco.

Hans Karl August Simon von Euler-Chelpin
Hans von Euler-Chelpin
Datos persoais
Nacemento15 de febreiro de 1873
LugarAugsburgo Reino de Baviera
Falecemento6 de novembro de 1964
LugarEstocolmo Suecia Suecia
SoterradoCemitério do Norte
ResidenciaSuecia Suecia
Nacionalidadesueco
CónxuxeAstrid M. Cleve von Euler (1902)-(1912)
Elisabeth Baroness af Ugglas (1913)
FillosUlf von Euler, Karin Stolpe e Georg von Euler
Actividade
CampoBioquímica
Alma máterUniversidade de Berlín
Director de teseHermann Emil Fischer
Contribucións e premios
Coñecido porfermentación doazucre
PremiosPremio Nobel de Química (1929)
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Comezou a estudar pintura, pero o seu desexo de estudar os problemas da cor, e especialmente as cores do espectro, fixéronlle comezar a estudar ciencias. Estudou na Universidade de Gotinga, na Universidade de Wurzburgo e na Universidade de Berlín, onde alcanzou o doutoramento en 1895.

Posteriormente foi profesor na Universidade de Estocolmo, sendo nomeado director do Instituto de Bioquímica da Universidade desde 1929. En 1941 abandonou o ensino, pero continuou coas súas investigacións.

Hans casou coa química Astrid Cleve (filla do químico Per Teodor Cleve de Uppsala). Ambos tiveron un fillo Ulf von Euler, que foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina do ano 1970.

Investigacións científicas editar

As súas investigacións dirixíronse fundamentalmente ao estudo do contido en vitaminas dalgúns vexetais, á carotina como provitamina A e á química dos encimas da fermentación.

Foi galardoado en 1929 co premio Nobel de Química (premio compartido con sir Arthur Harden) polas súas investigacións no campo da fermentación do azucre e os encimas da fermentación.

Entre as obras que escribiu a máis importante é Chemie der Enzyme (1910).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Adolf Otto Reinhold Windaus
Premio Nobel de Química
 

1929
con
Arthur Harden
Sucesor:
Hans Fischer