Hans Fischer

químico alemán

Hans Fischer, nado en Frankfurt (Alemaña) o 27 de xullo de 1881 e finado en Múnic o 31 de marzo de 1945, foi un químico, médico e profesor universitario alemán.

Hans Fischer
Hans Fischer
Datos persoais
Nacemento27 de xullo de 1881
LugarFrankfurt Alemaña Alemaña
Falecemento31 de marzo de 1945 (63 anos)
LugarMúnic Alemaña Alemaña
SoterradoOstfriedhof
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
Cónxuxe
  • Wiltrud Haufe (1935)
  • Actividade
    CampoQuímica
    Alma máterUniversidade de Lausana
    Universidade de Marburg
    Director de teseHermann Emil Fischer
    Contribucións e premios
    Coñecido porsíntese da bilirrubina e da hemina
    Premios
  • Premio Nobel de Química (1930)
  • Medalla Davy (1937)
  • editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria editar

    Os seus pais foron Eugen Fischer, director da compañía Kalle & Co, de Wiesbaden, e profesor na Escola Técnica de Stuttgart, e Anna Herdegen. Foi á escola primaria en Stuttgart, matriculándose en 1899 en Gymnasium de Wiesbaden. Estudou química e medicina, primeiro na Universidade de Lausana e posteriormente na Universidade de Marburg. Graduouse en 1904 e en 1908 obtivo o doutoramento.

    Primeiramente traballou na Clínica Médica de Múnic e despois no Primeiro Instituto Químico de Berlín, con Hermann Emil Fischer. Volveu a Múnic en 1911 e obtivo praza de profesor de medicina interna un ano máis tarde. En 1913 chegou a ser profesor de fisioloxía no Instituto Fisiolóxico de Múnic. In 1916 obtivo praza como profesor de química médica na Universidade de Innsbruck e de aí pasou á Universidade de Viena en 1918. Desde 1921 ata a súa morte tivo praza de profesor de química orgárnica no Technische Hochschule en Múnic.

    Investigacións científicas editar

    O traballo científico de Fischer estaba principalmente relacionado coa investigación dos pigmentos do sangue, a bile e tamén a clorofila das follas, así como a química das porfirinas, dos que derivan eses pigmentos. De especial importacia foi a síntese da bilirrubina e da hemina, un dos compoñentes da hemoglobina.

    Recibiu moitas honras por estes traballos, incluído o premio Nobel de Química co que foi galardoado en 1930 polos seus traballos na composición estrutural da clorofila e do sangue así como pola síntese da hemina e a bilirrubina.

    Os seus numerosos traballos foron publicados en Liebigs Annalen der Chemie e en Hoppe-Seylers Zeitschrift für physiologische Chemie, destacando Die Chemie des Pyrrols.

    Véxase tamén editar

    Outros artigos editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin
    Premio Nobel de Química
     

    1930
    Sucesor:
    Carl Bosch e Friedrich Bergius