Bilirrubina

composto químico

A bilirrubina é un pigmento biliar de cor amarela alaranxada que resulta da degradación do grupo hemo da hemoglobina. Dita degradación prodúcese no bazo. Máis tarde a bilirrubina conxúgase no fígado. Estes pigmentos almacénanse na vesícula biliar formando parte da bile (que logo é excretada cara ao duodeno, o que dá a cor ás feces).

Bilirrubina
Identificadores
Número CAS 635-65-4
PubChem 5280352
ChemSpider 4444055
UNII RFM9X3LJ49
ChEBI CHEBI:16990
ChEMBL CHEMBL501680
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C33H36N4O6
Masa molar 584,66 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Estrutura da bilirrubina
Produción de bilirrubina durante a degradación do hemo.

Metabolismo da bilirrubina

editar

Esta biomolécula fórmase cando o eritrocito desaparece do aparello circulatorio, pola súa extrema fraxilidade, aproximadamente cando alcanzou a plenitude da súa vida (duns 100 a 120 días). A súa membrana celular rompe e a hemoglobina liberada é fagocitada polos macrófagos tisulares do organismo, sobre todo os macrófagos do bazo, fígado e medula ósea. Nesta degradación da hemoglobina, sepáranse, por unha banda, a molécula de globina e, por outra, o grupo hemo.

A hemo-oxigenasa degrada o grupo hemo nos macrófagos, abrindo o anel tetrapirrólico nunha molécula lineal, e dando como resultado ferro libre (oxídase o Fe2+ a Fe3+), e unha cadea de 4 aneis pirrólicos, a que será o substrato de formación da bilirrubina. Durante as horas ou os días seguintes os macrófagos liberan o ferro da hemoglobina que será transportado pola transferrina ata a medula ósea (para formar novos eritrocitos), ou almacenado no fígado e outros tecidos en forma de ferritina para situacións de necesidade.

Os macrófagos dos tecidos transforman a porfirina da hemoglobina en bilirrubina que viaxa unida á albumina sérica (proteína transportadora) polo torrente sanguíneo ao fígado, onde se separan, e a bilirrubina se secreta pola bile (por iso a cor amarela-verdosa da bile) e degrádase.

Cando o nivel de bilirrubina no sangue aumenta (valores normais de 0,3 a 1 mg/dl), acumúlase nos tecidos, sobre todo aqueles con maior número de fibras elásticas (padal, conxuntiva). Se é maior de 2 a 2,5 mg/dl, obsérvase unha coloración amarelada da pel e mucosa, un fenómeno coñecido como ictericia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar