Fórmula química

(Redirixido desde «Fórmula molecular»)

A fórmula química ou fórmula molecular é un conxunto de símbolos e números que indicar o número real de átomos de cada elemento químico que hai na molécula nunha substancia química.

Fórmula química do etano, en expresión condensada (esq.), semidesenvolvida (centro) e desenvolvida (der.).

Nos compostos orgánicos úsanse fórmulas químicas de varios tipos: condensada (empírica), semicondensada (semiempírica) ou semidesenvolvida e desenvolvida, segundo que se especifiquen ou non as unións interatómicas con menor ou maior detalle, se ben acostuma usarse algún tipo de fórmula semidesenvolvida.