Arthur Harden
Sir Arthur Harden, nado en Manchester (Inglaterra) o 12 de outubro de 1865 e finado en Bourne End, Buckinghamshire o 17 de xuño de 1940, foi un bioquímico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1929.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1865 Manchester (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) |
Morte | 17 de xuño de 1940 (74 anos) Bourne End, Reino Unido (en) |
Educación | Universidade de Manchester Universidade de Erlangen-Núremberg Tettenhall College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Ocupación | bioquímico, químico, catedrático |
Empregador | Universidade de Manchester Lister Institute of Preventive Medicine (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гарден Артур) Obálky knih, Medvik >>>:Harden, Arthur, 1865-1940, |
Traxectoria
editarFoi educado nunha escola privada e no Tettenhall College, Staffordshire. Entrou no Owens College da Universidade de Manchester en 1882, onde se graduó en 1885. En 1886 gañou a bolsa Dalton de Química e pasou un ano traballando con Henry Enfield Roscoe en Erlangen. Volveu a Manchester como lector e demostrador, e permaneceu ata 1897, cando foi nomeado químico do recentemente fundado Instituto Británico de Medicina Preventiva, que máis tarde pasaría a chamarse Instituto Lister. En 1907 foi nomeado director do departamento de bioquímica, posto que mantivo ata a súa xubilación en 1930, continuando o seu labor investigador no Instituto logo do seu retiro.
Foi membro da Royal Society de Londres, e en 1936 o rei Eduardo VIII do Reino Unido concedeulle o título de cabaleiro do Imperio Británico (sir).
En 1935 recibiu a medalla Davy da Royal Society e recibiu numerosos nomeamentos de Doutor honoris causa.
Investigacións científicas
editarAs súas investigacións máis importantes refírense aos procesos químicos que teñen lugar na fermentación dos azucres polas células dos fermentos. Descubriu un procedemento de aceleración na fermentación engadindo fosfatos inorgánicos, e estudou a acción da luz nas mesturas de dióxido de carbono e cloro.
En 1929 foi galardoado co premio Nobel de Química, compartido con Hans von Euler-Chelpin, polas súas investigacións na fermentación de azucres mediante encimas.
Entre 1913 e 1937 foi codirector do Biochemical Journal. Entre os seus libros destaca Alcoholic Fermentation (1911).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1929 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel(en inglés)
- Perfil de Arthur Harden NNDB (en inglés)
Predecesor: Adolf Otto Reinhold Windaus |
Premio Nobel de Química 1929 con Hans von Euler-Chelpin |
Sucesor: Hans Fischer |