John Logie Baird
John Logie Baird, nado en Helensburgh o 13 de agosto de 1888 e finado en Bexhill o 14 de xuño de 1946, foi un enxeñeiro escocés, un dos pioneiros da televisión.
John Logie Baird | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de agosto de 1888 |
Lugar de nacemento | Helensburgh |
Falecemento | 14 de xuño de 1946 |
Lugar de falecemento | Bexhill-on-Sea |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Glasgow, Universidade de Strathclyde e Lomond School |
Ocupación | inventor, enxeñeiro, físico, emprendedor e escritor de non ficción |
Cónxuxe | Margaret Albu |
Premios | Honorary Fellow of the Royal Society of Edinburgh |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Baird nos primeiros intentos de desenvolver un sistema de televisión experimentou, mellorándoo, co disco de Nipkow, un disco que servía de mecanismo para proxectar a luz reflectida por un obxecto sobre unha serie de células de selenio que enviaban os impulsos eléctricos correspondentes a través dun cable. En febreiro de 1924 transmitiu imaxes estáticas a través dun sistema mecánico de televisión analóxica. O 30 de outubro de 1925 transmitiu as primeiras imaxes en movemento, tamén foi el o que realizou a que se considera a primeira[1] demostración pública dun sistema real de televisión o 26 de xaneiro de 1926. Tamén foi un dos pioneiros da gravación videográfica[2][3]. En 1927 fundou a Baird Television Development Company coa que en 1928 fixo a primeira transmisión transatlántica de televisión, entre Londres e Nova York e fixo o primeiro programa de televisión para a BBC. En 1931 realizou a primeira transmisión en directo, o derbi de Epsom.
Dende 1929 BBC empregou o sistema de 240 liñas de varrido mecánico para a transmisión dos seus programas ata 1937 en que o substituíu por un electrónico. Durante os anos da segunda guerra mundial traballou no desenvolvemento da televisión en cor, e o 16 de agosto de 1942 realizou a primeira demostración pública dun tubo electrónico en cor[4].
NotasEditar
- ↑ BBC History: Historic Figures
- ↑ "The Museum of Broadcast Communications". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 05 de agosto de 2010.
- ↑ Vídeo realizado por Baird
- ↑ Albert Abramson, Christopher H. Sterling "The History of Television, 1942 to 2000", pp. 13-14