Penonomé é a capital da provincia panameña de Coclé, ao oeste da provincia de Panamá Oeste, no centro xeográfico do país. Fundada en 1581 polos españois, para aglutinar a poboación aborixe dos predios de Natá e Antón. Inicialmente era un punto de paso no camiño de Natá de los Caballeros a Portobelo, no camiño histórico de Las Cruces.

Modelo:Xeografía políticaPenonomé
Imaxe

Localización
Mapa
 8°31′07″N 80°21′19″O / 8.5187, -80.3553Coordenadas: 8°31′07″N 80°21′19″O / 8.5187, -80.3553
EstadoPanamá
ProvinciasProvincia de Coclé Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación21.748 (2010) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude70 m Editar o valor em Wikidata

Toponimia

editar

Todas as lendas sobre o nome de Penonomé viran ao redor dun cacique indíxena chamado Nomé. Hai tres versións: a primeira é a "pena de Nomé" ao morrer a princesa que amaba. A segunda di que un conquistador chamado Badajoz perseguiu a Nomé, e torturouno para sacarlle o segredo de onde tiña agochadas as súas riquezas, até matalo, e o seu sepulcro tiña unha lápida coa inscrición: "Aquí penou Nomé". E a terceira versión conta que o nome enteiro do cacique era "Be Nu Nomé".[1]

Historia

editar

Foi fundada o 30 de abril de 1581 polo oidor da Real Audiencia de Panamá Diego López de Villanueva y Zapata, segundo o informe do oidor, a primeira misa foi celebrada o 12 de xuño de 1581. [1][2] A cidade funcionou como parada principal desde tempo coloniais para os comerciantes no camiño histórico das Cruces.

A finais en 1671, despois do saqueo de Henry Morgan da Cidade de Panamá (que nese entón era o actual Panamá Vello) Penonomé foi temporalmente a capital da provincia de Panamá, mentres se construía a nova capital (a actual Zona Vella). O auxe de Penonomé coincidiu co ocaso de Natá de los Caballeros ata que en 1886 adquiriu o rol de capital da provincia de Coclé.

En 1687, o pirata francés Exquemelin relatou na súa obra "Historie des aventures", que en Penonomé atopábanse os pobos, cidades, ríos e montañas máis importantes do istmo de Panamá. Cara ao 1735, Penonomé converteuse nun punto para o intercambio de comercio internacional cara a Lima, Perú; enviando produtos locais como hamacas, redes, bateas, sogas, vasoiras de palma, entre outros.

Os seus primeiros barrios foron Calle Chiquita, El Bajito e San Antonio. Penonomé ten un plan urbano español estándar coñecido como "traza" onde a igrexa, oficinas gobernamentais e estación de policía están situados ao redor dun parque rectangular. Desde o parque central rectangular parten rúas paralelas que se dividen en bloques.

  1. 1,0 1,1 "Capital de la provincia de Coclé, Penonomé celebra sus 430 años de fundación". La Prensa. 30 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  2. Castillero, Ernesto J. (Xuño de 1960). "Revista Lotería" (PDF) (55): 45–50. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2022. Consultado o 14 de outubro de 2021.  |capítulo= ignorado (Axuda)