Provincia de Coclé
Coclé é unha provincia do centro de Panamá. A súa superficie é de 4,927km² e conta con 260 292 habitantes (2010).[1] A súa capital é Penonomé. Limita ao norte coa provincia de Colón, ao leste coa provincia de Panamá Oeste, ao sur coa de Herrera e o golfo de Parita e ao oeste coa de Veraguas. O centro e norte da provincia están accidentados pola cordilleira central; no sur atópanse as chairas centrais, terras baixas moi fértiles que se estenden até o litoral. Tamén é unha provincia de grande riqueza natural e material.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Panamá | ||||
Capital | Penonomé | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 233.708 (2010) (47,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.927 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1855 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PA-2 | ||||
Toponimia
editarO seu nome orixínase probablemente do caudaloso Río Coclé do Norte e Río Coclé do Sur, que atravesan estas terras. Localmente chámaselle "coclé" a un paxaro, o Aramides axillaris.[2] Outra orixe posible débese ao cacique Coclé, queví que dominaba a Chaira Central.[3] Por outra banda, sábese que a rexión foi o territorio histórico dos chamados “indios coclé", gobernados polos seus quevi ou caciques.[4]
Historia
editarA provincia de Coclé foi creada mediante Acta do 12 de setembro de 1855, co título de departamento, sendo presidente do Estado Federal o estadista Justo Arosemena. Polo decreto Nº 190 do 20 de outubro de 1886, o antigo departamento tomou o nome definitivo de provincia de Coclé, ratificado pola Constitución Política da República de Panamá de 13 de febreiro de 1904, sendo presidente Pablo Arosemena.
Xeografía
editarO norte da provincia é atravesada pola Cordilleira Central de Panamá, con escarpadas elevacións de orixe volcánica que van desde os 200 m s. n. m. até os 1.185 m s. n. m., ao sur atópase a gran chaira que se estende até a costa. O clima é tropical chuvioso, con precipitacións da orde dos 2500 mm anuais, que nalgúns puntos do norte das provincias alcanza os 4.000 mm. Os ríos principais da provincia pertencen á vertente do Pacífico (Grande, Chico) e no límite norte do territorio teñen orixe algunhas correntes que, a través do Coclé do Norte, van dar ao mar Caribe.
División administrativa
editarA provincia de Coclé está dividida en seis distritos e 47 correxementos:[5]
Distritos | Correxemento | Cabeceira de distrito |
---|---|---|
Aguadulce | Aguadulce, El Cristo, El Roble, Pocrí, Barrios Unidos, Pueblos Unidos, Virgen del Carmen, El Hato de San Juan de Dios | Aguadulce |
Antón | Antón, Cabuya, El Chirú, El Retiro, El Valle, Juan Díaz, Río Hato, San Juan de Dios, Santa Rita, Caballero | Antón. |
La Pintada | La Pintada, El Harino, El Potrero, Llano Grande, Piedras Gordas, Las Lomas, Llano Norte | La Pintada |
Natá | Natá de los Caballeros, Capellanía, El Caño, Guzmán, Las Huacas, Toza, Villarreal | Natá de los Caballeros |
Olá | Olá, El Copé, El Palmar, El Picacho, La Pava | Olá |
Penonomé | Penonomé, Cañaveral, Coclé, Chiguirí Arriba, El Coco, Pajonal, Río Grande, Río Indio, Toabré, Tulú | Penonomé |
Referencias
editar- ↑ "Censos nacionales 2010". censos2010.gop.pa. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 29 de maio de 2010.
- ↑ Ridgely, Robert e John A. Gwynne (1993) Guía de las aves de Panamá, incluyendo Costa Rica, Nicaragua y Panamá. Panamá: ANCON, p. 112 e lam. 1.
- ↑ Jopling, Carol F. (comp.) 1994. Indios y negros en Panamá en los siglos XVI y XVII: selecciones de los documentos del Archivo General de Indias. South Woodstock, Vermont: Plumsock Mesoamerican Studies, p.p. 95 e 99.
- ↑ Cooke, Richard; Luis Alberto Sánchez, Diana Rocío Carvajal, John Griggs, Ilean Isaza (2003). "Los pueblos indígenas de Panamá durante el siglo XVI" 45: 1–34.
- ↑ "Municipios (Distritos) de Coclé". Editorial OX. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Coclé |