Abrir o menú principal

Exitálidos

(Redirixido desde "Aegithalidae")
Exitálidos
Aegithalidae
Ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus)
Ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Aegithalidae
Reichenbach, 1850
Distribución dos exitálidos

Distribución dos exitálidos
Xéneros e Especies
  • Véxase o texto

A dos exitálidos[1] (Aegithalidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e da superfamilia dos silvioideos.

Comprende trece especies distribuídas en catro xéneros.

CaracterísticasEditar

  • Teñen as colas de tamaño de mediano a longo (de aí o seu nome en inglés long-tailed tits, é dicir, paros de cola longa).
  • Fan niños en forma de bolsas entretecidas, colgantes de árbores.
  • A maioría das súas especies aliméntanse cunha dieta mixta, que inclúe insectos.

TaxonomiaEditar

DescriciónEditar

A familia foi descrita en 1850 polo botánico e zoólogo alemán Ludwig Reichenbach na súa obra Vollständigste Naturgeschichte des In- und Auslandes, publicada entre 1845 e 1854 en 2 volumes, en 9 fascículos, con máis de 1 000 láminas.

EtimoloxíaEditar

O nome científico Aegithalidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Aegithalos, coa adición da desinencia do latín científico ´-ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación do nome das familias de animais.

ClasificaciónEditar

Na actualidade recoñécense na familia os seguintes xéneros e especies:[2]

Familia Aegithalidae Reichenbach, 1850

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar