Ludwig Reichenbach

botánico alemán (1793–1879)

Heinrich Gottlieb Ludwig Reichenbach, máis coñecido como Ludwig Reichenbach, nado o 8 de xaneiro de 1793 en Leipzig, e finado o 17 de marzo de 1879 en Dresde, foi un naturalista alemán, destacado botánico e zoólogo, especializado en ornitoloxía.

Modelo:BiografíaLudwig Reichenbach

Retrato de H. G. Ludwig Reichenbach
Nome orixinalHeinrich Gottlieb Ludwig Reichenbach
Biografía
Nacemento(de) Heinrich Gottlieb Ludwig Reichenbach Editar o valor en Wikidata
8 de xaneiro de 1793
Leipzig
Morte17 de marzo de 1879
Dresde
Lugar de sepulturaTrinitatisfriedhof (Cemiterio da Trindade) de Dresde 
País de nacionalidadealemá
Formación profesionalMedicina, Ciencias Naturais
EducaciónUniversidade de Leipzig
Actividade
Campo de traballoHistoria natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Leipzig Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnaturalista (botánico, zoólogo) e ilustrador
EmpregadorUniversidade de Leipzig Editar o valor en Wikidata
Membro de
Linguaalemán, latín
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRchb. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaReichenbach Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosHeinrich Gustav Reichenbach Editar o valor en Wikidata
PaiJohann Friedrich Jakob Reichenbach Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Leopoldina
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Sepultura de Ludwig Reichenbach no Trinitatisfriedhof de Dresde.

Traxectoria

editar

Reichenbach naceu en Leipzig en 1793 e, desde 1810 estudou Medicina e Ciencias Naturais na Universidade de Leipzig, ode chegou a ser titor.

En 1820 foi designado director do Museo de Historia Natural de Dresde, e profesor da Technische Universität Dresden (Universidade de Dresde), na que permaneceu até 1862. Máis tarde fundou o Xardín Botánico desa cidade, e foi tamén cofundador do seu Zoo.

As coleccións de zooloxía do Museo de Historia Natural dresdiano quedaron case completamente destruídas polo lume no incendio do palacio de Zwinger durante a crise constitucional de 1849, pero a Reichenbach foille posíbel substituír as colecciónes en tan só uns poucos anos. Esta colección pódese ver actualmente formando a base expositiva do Museo.

Durante décadas, Reichenbach foi o presidente (desde 1836 até 1866), da Naturwissenschaftlichen Gesellschaft ISIS Dresden, a sociedade científica máis respectada da cidade. En 1834 iniciou os traballos para a constitución da sociación de Benestar Animal de Dresde, que foi finalmente fundada en 1839.[1] Tanto a ISIS como a Asociación de Benestar Animal aínda existen hoxe.

Reichenbach foi un autor prolífico, en linguas latina e alemá, e un artista botánico aceptábel. As súas obras principais son Iconographia Botanica seu Plantae criticae (1823-1832, 10 vols.) e Handbuch der speciellen Ornithologie (1851-1854) e, no aspecto iconográfico, a primeira das citadas e máis Vollständigste Naturgeschichte des In- und Auslandes (1845–1854, 2 volumes en 9 tomos), ambas as dúas con máis de 1 000 láminas.

Ludwig Reichenbach describiu e clasificou máis de 2 900 novas especies de vexetais.[2] e xéneros de animais, como Dinemellia,[3] así como especies.

Reichenbach morreu o 17 de marzo de 1879 en Dresde, e foi soterrado no cemiterio da Trindade sesta cidade. A tumba foi arranxada despois do abandono que sufriu durante moitos anos. A administración do cemiterio respectou o sitio da sepultura, pero non máis. Recentemente, por iniciativa das coleccións de Historia Natural do Museo de Dresde, puídose construír unha estela, que se pesentou o 11 de setembro de 2011.

  • Flora germanica excursoria. 1830–1832, 2 tomos.
  • Flora exotica. 1834–1836.
  • Flora germanica exsiccata 1830–1845.
  • Übersicht des Gewächsreichs und seiner natürlichen Entwickelungsstufen. 1828.
  • Handbuch des natürlichen Pflanzensystems. 1837.
  • Das Herbarienbuch. 1841.
  • Abbildung und Beschreibung der für Gartenkultur empfehlenswerten Gewächse. 1821–1826, 96 láminas.
  • Monographia generis Aconiti. 1820, 19 lámins.
  • Illustratio specierum Aconiti generis. 1823–1827, 72 láminas.
  • Iconographia botanica seu plantae criticae. 1823-1832, 1 000 láminas.
  • Iconographia botanica exotica. 1827–1830.
  • Regnum animale. 1834–1836, 79 láminas.
  • Deutschlands Fauna. 1842, 2 tomos.
  • Praktische Naturgeschichte der Vogel. 1845.
  • Vollständigste Naturgeschichte des In- und Auslandes. 1845–1854, 2 volumes en 9 tomos con máis de 1 000 láminas.
  • Avium Systema Naturale, das Naturliche System der Vogel. 1849.
  • Handbuch der speciellen Ornithologie. 1851-1854.
  • Die vollständigste Naturgeschichte der Affen. 1862.
  • Aufzählung der Colibris oder Trochilideen in ihrer wahren natürlichen Verwandtschaft, nebst Schlüssel ihrer Systematik. 1854.
  • Trochilinarum enumeratio: ex affinitate naturali reciproca primum ducta provisoria. 1855.

Abreviaturas

editar

Honores

editar
  • En 1820 foi elixido membro da Leopoldina.[4]
  • 50 especies fóronlle dedicadas a este autor, entre elas:
    A violeta Viola reichenbachiana Jord. ex Boreau[5] (sin. V. sylvatica (Hartm.) Fr. ex Hartm. e V. sylvestris Lam.).
    A cactácea Echinopsis reichenbachiana Pfeiff. ex C.F.Först.[6]
  • A rúa Reichenbachstraße de Dresde leva o seu nome.[7]

Familiares destacados

editar

Ludwig Reichenbach foi fillo de Johann Friedrich Jakob Reichenbach, autor, en 1818, do primeiro dicionario Grego-Alemán.

E foi o pai de Heinrich Gustav Reichenbach, tamén botánico, eminente especialista en orquídeas.

  1. Tierschutzverein Dresden 1839 und Umgebung e.V. Arquivado 30 de abril de 2019 en Wayback Machine..
  2. Reichenbach, no Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade de Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.)
  3. Dinemellia Reichenbach, 1863 no ITIS.
  4. Entrada de Heinrich Gottlieb Ludwig Reichenbach na Academia Alemá de Ciencias Naturais Leopoldina Arquivado 18 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en alemán).
  5. Fl. Centre France, ed. 3 [Boreau] 2: 78 1857 (IK)
  6. Handb. Cacteenk. [Förster] 365. 1846 (IK).
  7. Reichenbachstraße. Arquivado 02 de xuño de 2019 en Wayback Machine. En: Adolf Hantzsch: Namenbuch der Straßen und Plätze Dresdens. (Mitteilungen des Vereins für Geschichte Dresdens, 17/18). Dresden 1905.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Wilhelm Heß (1888): "Reichenbach, Ludwig". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 27, Duncker & Humblot, Leipzig, S. 667 f. (en alemán).

Ligazóns externas

editar