Alejandra Pérez Máquez
Alejandra Pérez Máquez, nada en Londres en 1971, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Alejandra Pérez Máquez | |
---|---|
Nome completo | Alejandra Pérez Máquez |
Nacemento | 1971 |
Lugar de nacemento | Londres |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Concelleira de Bergondo polo PSdeG-PSOE, era primeira tenente de alcalde e Concelleira de Cultura e Deportes. Foi unha das máis estreitas colaboradoras do alcalde José Fernández Ramos. Logo do seu falecemento en maio de 2008 foi elixida alcaldesa de Bergondo[1]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG, sendo elixida alcaldesa co apoio de Veciños de Bergondo (VB) e BNG. Nas municipais de 2015 foi a candidatura máis votada, pasando de 4 a 5 concelleiros, e gobernou en minoría ata decembro de 2016, cando estableceu un pacto de goberno con Anova. Nas eleccións municipais de 2019 gañou con 6 concelleiros e volveu a acadar a alcaldía[2], gobernando en coalición con Alternativa dos Veciños, partido no que se integraron os concelleiros de Anova cos que gobernara no anterior mandato. Nas municipais de 2023 baixou a 4 concelleiros e foi reelixida grazas ao apoio de Alternativa dos Veciños.
Predecesor: José Fernández Ramos |
Alcaldesa de Bergondo 2008 - actualidade |
Sucesor: no cargo |