Ponte do Pedrido

ponte sobre a ría de Betanzos, entre Bergondo e Paderne

A ponte do Pedrido é unha ponte en arco que cruza a ría de Betanzos, unindo os concellos de Bergondo e Paderne (ámbolos dous na provincia da Coruña). Foi proxectado polos enxeñeiros Eduardo Torroja Miret e César Villalba Granda.

Ponte do Pedrido
Localización
Coordenadas43°19′40″N 8°12′35″O / 43.327722880556, -8.2097717305556
RíoRía de Betanzos
ConcelloBergondo - Paderne
ProvinciaA Coruña
Características
Construción1939-42
Lonxitude520 m
Ancho7 m
MaterialFormigón armado

Historia

editar

Dende tempos remotos, as dúas beiras da ría de Betanzos estaban comunicadas por medio dun servizo de pasaxe en bote de remo. Tendo en conta que o emprego desta pasaxe acurtaba en gran medida a distancia quilométrica entre as cidades da Coruña e Ferrol, a principios do século XX as autoridades proxectaron construír unha ponte que dese fluidez á comunicación por estrada entre ámbalas dúas poboacións, e que simultaneamente non entorpecese a navegación pola ría. Tras diversos estudos, en 1939 inicia a construción da ponte, que non remataría até 1942. A inauguración oficial da obra produciuse o 15 de abril de 1943.[1][2]

Estrutura

editar

A ponte, de máis de 520 metros de lonxitude e edificada na súa totalidade en formigón armado, divídese claramente en tres treitos. O primeiro consta dun taboleiro de 340 metros, recostado sobre dez arcos dobres. O segundo (o máis emblemático), componse dun grande arco dobre que soporta, por medio de corenta péndolas, un taboleiro de 78,40 metros. O terceiro e último componse de tres arcos dobres de formigón, sobre os que se apoian os 102 metros de taboleiro restantes.

A ponte do Pedrido continúa a dar servizo á estrada AC-164, se ben a súa importancia estratéxica diminuíu debido á súa estreiteza (tan só mide sete metros de ancho) e á construción nas súas inmediacións da ponte da ría de Betanzos, pola que discorre a autoestrada do Atlántico.

Galería de imaxes

editar
  1. "ABC do 16 de abril de 1943". ABC (en castelán). 16-4-1943. Consultado o 7-4-2016. 
  2. "ABC do 18 de abril de 1943". ABC (en castelán). 18-4-1943. Consultado o 7-4-2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar