AP-9

autoestrada da Coruña a Tui con ramal a Ferrol e Vigo
(Redirección desde «Autoestrada do Atlántico»)

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

AP-9
Autoestrada do Atlántico
TipoloxíaAutoestrada de peaxe
RedeRede de estradas do Estado
Ruta europea E01 
Dimensións
Lonxitude219,6 km
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioFerrol
FinFronteira con Portugal
Circulación
Velocidade máxima120 km/h

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

Historia editar

 
Ponte de Rande.
 
Ponte da Ría (Pontevedra).

En 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo un investimento duns 1428 millóns de euros. O 18 de agosto de 1973 o goberno franquista concedeu a autoestrada a un grupo de bancos.[1] O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto[2].

O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.

En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón".[3] Ao ano seguinte abriuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra".

Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene".De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". No ano 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol". Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".

A concesión da autoestrada foi ampliada en dúas ocasións, segundo Julio Costas Comesaña de xeito irregular.[4] No 1994 o ministro Josep Borrell do PSOE prorrogou a concesión até o 18 de agosto do 2023. Igualmente no ano 2000, un antes das eleccións ao parlamento do Galicia, o goberno popular de Manuel Fraga ampliou a concesión da autoestrada até o 18 de agosto do 2048.[5]

No ano 2003 o goberno de Jose María Aznar vendeu a empresa pública ENA, coa AP-9 como grande activo, a un consorcio liderado pola empresa madrileña Sacyr, con participación de Caixanova, Caixa Galicia e Caja de Ahorros de Huelva e Sevilla, por 1586 millóns de euros.[6] Esta empresa pasou a controlar no 2005, a través do grupo Itínere, o 100% de Audasa, concesionaria da AP-9.[7]

A propiedade de Audasa foi trocando de mans co tempo. En 2018 Globalvía mercou por 723 millóns de euros o 55,6% de Itinere.[8] Globalvía pertence a fondos de pensións controlados por tres compañías: a canadense USS, a holandesa OPTrust e PGGM, do Reino Unido. En 2019 Liberbank vendeu por 77 millóns de euros o 5,67% a Corsair chegando a ter o 43,6% de Audasa.[9]

Transferencia editar

En decembro de 2018 o congreso aprobou o traspaso da titularidade AP-9 a Galiza, unha transferencia solicitada coa unanimidade do parlamento galego.[10] Dous anos despois, en xaneiro de 2020, como parte dos acordos para a investidura de Pedro Sánchez, o BNG pactou a axilización da transferencia e unha rebaixa para os usuarios recorrentes nas peaxes da autoestrada.[11]

En febreiro de 2021, máis de dous anos despois de aceptalo por primeira vez, e cinco anos despois da primeira unanimidade ao respecto no Parlamento de Galicia, o pleno do Congreso dos Deputados volveu aceptar o inicio da tramitación da lei para o traspaso das competencias sobre a AP-9 ao Goberno galego.[12]

Accionistas de Audasa
país compañía % custe
      Globalvía 55,6 % 723 millóns
  Corsair Capital 43,6%

Datos editar

 
Ponte da ría de Ferrol.

A Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.

En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46 870 000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118 290 000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.

Tarifas editar

En 2021 a tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) era de:[13]

Categoría Vehículos
Lixeiros
  • Motocicletas con ou sen sidecar
  • Turismos sen remolque
  • Turismos con remolque sen roda xemelga en ningún eixe
  • Furgóns e furgonetas de 2 eixes e 4 rodas
  • Furgóns con remolque sen roda xemelga en ningún eixe
  • Microbuses de dous eixes (4 rodas)
  • 22,30
    Pesados 1
  • Turismos de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 1 eixe con roda xemelga
  • Furgóns e furgonetas de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 1 eixe con roda xemelga
  • Camións de 2 eixes
  • Autocares de 2 ou 3 eixes e autocares de 2 eixes con remolque de 1 eixe
  • Camións de 3 eixes e camións de 2 eixes con remolque de 1 eixe
  • 38,30
    Pesados 2
  • Turismos de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 2 eixes e polo menos 1 eixe con roda xemelga
  • Camións e autocares con ou sen remolque cun total de 4 eixes ou máis
  • Furgóns e furgonetas (de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 2 ou máis eixes e polo menos 1 eixe con roda xemelga)
  • 48,75

    Tramos editar

    Denominación Tramo Km
    AP-9 Ferrol - Intercambiador 37,5
    AP-9 A Coruña - Vigo 153,5
    AP-9 Teis - Tui 28,6

    Zonas libres de peaxe editar

     
    Peaxe á entrada de Santiago de Compostela desde o sur.

    Dende o fin da autoestrada en Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene.

    Coma variante da SC-20 a AP-9 forma parte da circunvalación de Santiago de Compostela.

    Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamén pasa a ser AP-9, formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.

    Saídas AP-9 editar

    Tramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol" editar

    Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
      Guísamo continúa en dirección A Coruña e Santiago de Compostela por  AP-9   AP-9 
      0F   A Coruña
    Santiago de Compostela
     AP-9 
      Peaxe de Guísamo
      2F Guísamo  N-VI 
      3F Bergondo - Sada  AC-161 
    Ponte da ría de Betanzos (lonxitude 1.050m)
      12F   Miño  AC-154 
         Área de Servizo de Miño
        Túnel de Campolongo 540m
      21F   Cabanas - Pontedeume  N-651   AC-564 
        Túnel de Pedra de Couto 1000m.
      25F (en sentido Ferrol) Fene Sur
      Peaxe de Fene
      27F Fene Norte  N-651 
        Túnel de Sartego 1048m.
      31F Narón - Neda  AC-115 
      34F Freixeiro  AC-115 
      35F   Vilalba
    Ferrol
     AG-64 
     FE-13 
      Ferrol continúa por  FE-15    

    Tramo AP-9: "A Coruña - Tui" editar

    Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
      A Coruña continúa en dirección Coruña  AC-11   AC-11 
      3  Avenida Alcalde Alfonso Molina 
     Ponte da Pasaxe 
     AC-11 
     AC-12 
      6      Área de Servizo do Burgo
      7 Cambre - Aeroporto de Alvedro  N-550 
      12 (en sentido Coruña) Cambre - Mabegondo  AC-214   AC-221 
      15   Ferrol - Pontedeume  AP-9F 
      Peaxe de Guísamo
      16   Madrid - Lugo - Arteixo  A-6 
    Área de Descanso de Piadela
         Área de Servizo de Ameixeira
      41 Ordes  AC-524 
      55 (en sentido Portugal) Sigüeiro - Aeroporto da Lavacolla
      Peaxe de Sigüeiro
    Área de Descanso de Marantes
      67   Santiago de Compostela
    Lugo - Aeroporto da Lavacolla
     SC-20 
     A-54 
      72A  (en sentido Portugal) Ourense
    A Estrada
     AP-53 
     AG-56 
      72 Santiago de Compostela
    Ourense
     SC-11 
     N-525 
      75   Santiago de Compostela - Milladoiro
    Noia
     SC-20 
     AG-56 
      Peaxe de Teo
         Área de Servizo de Compostela
      93 Padrón
    Ribeira
     N-550 
     AG-11 
      104 (en sentido Coruña) Ribeira - Catoira
    Valga
     PO-100 
     N-550 
      110 Caldas de Reis - Vilagarcía de Arousa  N-640 
         Área de Servizo do Salnes
      119 Sanxenxo - O Grove  AG-41 
      Peaxe de Poio
      129 Pontevedra  PO-531 
      132A   Pontevedra
    Ourense
    Vigo
     PO-10 
     N-541 
     N-550 
      132B   Marín
    Pontevedra
     PO-10 
     PO-12 
    Área de Descanso de Bértola
      137 Redondela - Vilaboa  N-550 
      Peaxe de Figueirido
         Área de Servizo de San Simón
      146 Moaña - Cangas  CG-4.1 
      148 (en sentido Coruña) Redondela  N-552 
      151   Vigo - Chapela
    Teis
     AP-9V 
     N-552 
      Túnel de Madroa 440m
      Túnel de Candeán 860m
      157 Redondela - Aeroporto de Vigo  N-556 
      159   Vigo - Tui
    Madrid - Ourense
     A-55 
     A-52 
      161   Vigo
    Nigrán - Baiona
     VG-20 
     AG-57 
      166 Porriño
    Vigo - Tui
    Ourense

     A-55 
     A-52 
      Peaxe de Porriño
      178   Tui
    Vigo - Portugal

     A-55 
      Tui continúa en dirección Portugal por  A-55   A-55 

    Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo" editar

    Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
      Continúa en dirección Coruña e Portugal por  AP-9   AP-9 
      0V   A Coruña
    Portugal
     AP-9 
      1V (en sentido Vigo) Teis - Chapela  N-552 
      2V (en sentido Vigo)  Avenida Bos Aires  - Aeroporto de Vigo
      4V (en sentido Vigo)  Avenida García Barbón  - Porto de Vigo
      Vigo

    Uso do galego editar

    Malia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes. En 2013 Audasa recibiu 54 denuncias da Garda Civil por rotular en galego os sinais da autoestrada. Estas sancións foron anuladas e o Ministerio de Fomento ordenou que se rotulasen as peaxes da autoestrada en galego, castelán e inglés[14].

    Notas editar

    1. Boletin oficial del estado (PDF). 1973. 
    2. cultura en acción (2015-01-11). "Autopista, unha navallada á nosa terra (Llorenç Soler, 1977)". YouTube. Consultado o 2017-08-11. 
    3. Xosé Manuel Pereiro (1 de decembro de 1990). "Fraga no esperó a Sáenz Cosculluela para inaugurar una autopista gallega". El País (en castelán). 
    4. SL, POMBAPRESS. "La concesión de la AP-9 se prorrógo dos veces irregularmente, explica un experto universitario". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2021-01-15. 
    5. Nuevatribuna. "Autopista AP-9, el eje de comunicación atlántico grava la economía de Galicia". Nuevatribuna (en castelán). Consultado o 2021-01-15. 
    6. "Historia de una ganga: así se privatizó Autopistas del Atlántico » Galicia" (en castelán). Consultado o 2021-01-19. 
    7. "Historia - Grupo Itínere" (en castelán). 2017-12-05. Consultado o 2021-02-01. 
    8. "La caída de Audasa en manos extranjeras sacude la política gallega". 
    9. "Nueva venta millonaria por la AP-9 e Itínere". 
    10. "En marcha o traspaso da AP-9 a Galicia". Praza Pública. 2018-12-11. Consultado o 2022-05-05. 
    11. "Con telepeaxe e primando as viaxes recorrentes: así quedan as rebaixas da AP-9 a 27 anos da fin da concesión". Praza Pública. 2021-07-26. Consultado o 2022-05-05. 
    12. "O Congreso aproba por ampla maioría volver tramitar a lei para traspasar a AP-9 a Galicia". Praza Pública. 2021-02-02. Consultado o 2022-05-05. 
    13. Tarifas oficiais
    14. Fomento ordena ahora que las señales de peaje estén en gallego, castellano e inglés lavozdegalicia.es

    Véxase tamén editar

    Outros artigos editar

    Ligazóns externas editar