Andrés Feal Varela
Andrés Feal Varela, nado en 1959, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) |
Alcalde de Monfero | |
2015 – ← Benjamín Rodríguez Abad | |
Alcalde de Monfero | |
1987 – 2011 – Benjamín Rodríguez Abad → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarEmpregado nos estaleiros da ría de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido alcalde de Monfero. Presentouse ás municipais de 1991 encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións ata 2011, sempre con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2011 Feal perde a alcaldía ao pasar o PSdeG-PSOE a ser a segunda forza por detrás de Independentes do Concello de Monfero. No 2015 Feal volve a ser elixido alcalde tras ser de novo o PSdeG-PSOE o partido máis votado nas eleccións municipais dese ano,[1][2] gobernando desta vez en minoría. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía,[3] conseguindo a maioría absoluta.[4] Nas eleccións municipais de 2023, perdeu un concelleiro e a maioría absoluta mais seguiu a ser a forza máis votada e retivo a alcaldía.[5]
Notas
editar- ↑ Abelairas, B. (24 de maio de 2015). "El regreso de un regidor que tuvo el bastón de mando durante 24 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (14 de xuño de 2015). "Andrés Feal Varela recupera el mando en la corporación de Monfero". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "Monfero". www.fegamp.gal. Consultado o 2024-04-12.
- ↑ F.C., A. (31 de maio de 2023). "Monfero: el alcalde más veterano de la comarca quiere revalidar el cargo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2024.
- ↑ Couce, B.; Hermida, P.; Cuba, A.F.; Vellón, A.; Abelairas, B. (29 de maio de 2023). "Elecciones municipales: Rey Varela consigue la mayoría absoluta en Ferrol". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Juan Antonio Varela Espiñeira |
Alcalde de Monfero 1987 - 2011 |
Sucesor: Benjamín Rodríguez Abad |
Predecesor: Benjamín Rodríguez Abad |
Alcalde de Monfero 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |