Monte da Peneda

pico montañoso en Redondela

Coordenadas: 42°19′36″N 8°35′24″O / 42.32673, -8.59008

O monte da Peneda é un pico montañoso galego. Ten unha altitude de 329 metros e está localizado na parroquia redondelá do Viso. Dende o seu cumio pódese observar a Ría de Vigo, as illas Cíes e mesmo a Praia de Cesantes e a Illa de San Simón.[1]

Monte da Peneda visto dende O Viso, no concello de Redondela.

Historia editar

Pola súa localización estratéxica, ao ser un punto elevado no medio dunha orografía cha, foi empregado como asentamento castrexo, aínda que do castro da Peneda só se conservan os restos dos muros exteriores. Tamén por esta mesma razón pertenceu a Pedro Madruga, famoso por facer fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Tamén se construíron varios castelos medievais, posteriormente asolados en diferentes conflitos. Destaca sobre todo o castelo de Castrizán levantado en 1477 polo Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca II, para cercar o castelo de Soutomaior e manter o control sobre Pedro Madruga.[2]

Capela da Virxe das Neves editar

Un dos elementos máis coñecidos deste monte é a aínda en pé Capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como Ermida da Peneda. Foi construída ao redor do século XVIII e até o de agora foi escenario de numerosas romarías e festas. Ademais da ermida, o cumio do monte conta cun miradoiro dende o cal é posíbel ver os arredores da parroquia e ata as Illas Cíes.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. Turismo de Redondela Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine., 13 propostas esenciais.
  2. X. Miguel González. As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar