Capela da Virxe das Neves

construción relixiosa no Viso (Redondela)
(Redirección desde «Ermida da Peneda»)
Este artigo trata sobre un templo galego, para a Virxe da Peneda en Portugal véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda.

A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como capela da Virxe da Peneda, é unha ermida barroca situada na parroquia redondelá do Viso. Foi construída arredor do século XVIII, e que até o de agora foi escenario de numerosas romarías e festas, sendo o 5 de agosto o día no que se honra á virxe. Está construída sobre os restos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o Castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois.

Capela da Virxe das Neves
Capela da Virxe das Neves, no cumio do Monte da Peneda
PaísEspaña
Coordenadas42°19′36″N 8°35′25″O / 42.326786111111, -8.5902527777778Coordenadas: 42°19′36″N 8°35′25″O / 42.326786111111, -8.5902527777778
editar datos en Wikidata ]

A capela ten unha orixe barroca, ao contrario que a maioría das igrexas do concello, de estilo románico. O teito foi orixinariamente de madeira, mais a finais do século XIX foi substituído por unha cúpula de pedra. A súa base é rectangular e cunha cuberta a dúas augas dunha nave dividida en dous tramos por un arco faixón de medio punto, con bóveda de canón e arco triunfal apuntado.[1]

Notas editar

  1. Miguel González. As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar